Skip to Content

Formación Profesional - FCT

Achegámosvos novas do Ministerio de Educación e FP referentes a realización da FCT:

http://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2020/03/20200317-reunionevaufp.html

As prácticas do alumnado de Formación Profesional flexibilizaránse, así como as probas de acceso para quen non conte cos requisitos académicos necesarios.

Quedar na casa (2)

Compartimos esta preciosa curta baseada no álbum ilustrado "EL PEZ QUE SONREÍA" de Jimmy Liao, recoñecido ilustrador de Taiwan. Desfrutemos nestes caseiros días das marabillosas creacións de artistas que nos convidan a soñar e reflexionar:

https://www.youtube.com/watch?v=DJiWJihcuIs

É un bo momento para desenvolver o noso lado máis creativo, algo que sen dúbida nos enriquece e nos fai medrar como persoas. Deixámosvos este enlace cunha selección de cursos de balde grazas ás iniciativas que xorden nestes momentos complicados, pero nos que tamén valoramos o importante. Forza!

https://www.domestika.org/quedateencasa?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=courses&utm_content=quedateencasaFB&fbclid=IwAR0pmwK_BvxEQ8bDKJ_8CRQ2VJtj-NBQ9Z-xoZkPkLjHewvRaHoDIc9aVzk#course-list

Quedar na casa: Consellos

Queremos facernos eco das recomendacións da "CONFEDERACIÓN DE ORGANIZACIONES DE PSICOPEDAGOGÍA Y ORIENTACIÓN DE ESPAÑA" ante a situación de "quedar na casa" por causa do Coronavirus. Son consellos útiles para o alumnado e tamén para as familias. Moito ánimo!

https://copoe.org/comunicados/item/668-consejos-de-copoe-ante-la-situacion-de-quedarse-en-casa-para-afrontar-la-crisis-del-coronavirus

Tamén vos deixamos unha pequena guía elaborada polo "Colegio Oficial de Psicología de Madrid", útil para toda a poboación para afrontar a crise do coronavirus con orientacións para a xestión psicolóxica desta cuarentena. Pódes escargala premendo -aquí-.

Por último, compartimos este enlace que nos dá acceso a 10 museos virtuais para visitar estando na casa. Unha proposta de ocio e cultura para compartir un tempo en familia nestes días de confinamento:

https://www.nuevatribuna.es/articulo/sociedad/museos-quedateencasa-cultura-estadodealarma-tourvirtual-coleccionesonline/20200313192038172030.html

Plan proxecta: peza teatral "Golpes"

Nesta ocasión o Salón de Actos do Concello de Xove foi o esceanario sobre o que a actriz galega Estíbaliz Veiga representou a peza de teatro GOLPES para todo o alumnado do noso IES. Esta actividade encádrase dentro do Plan Proxecta 2019-2020: Por 365 días de respecto e igualdade, subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Estíbaliz Veiga, baixo a dirección de Xosé Leis e da produtora aANTENA,  somérxese no papel de Pamela, unha moza que recibiu moitos “golpes”, na súa relación de parella, pero a “labazada” máis forte foi verse a si mesma mudada noutra persoa, por iso quere compartir as súas experiencias vitais, para que ningunha outra muller pase por unha situación semellante.

Con esta representación teatral o que se pretende é visibilizar diferentes situacións de desigualdade que se dan a diario e concienciar a toda a sociedade, mais dun xeito especial á mocidade, na prevención da violencia de xénero.

Deixámosvos algunhas fotografías de distintos momentos da extraordinaria representación.

 

Plan proxecta: Día Internacional da Muller

Aproveitando que o día 8 de marzo se conmemora o Día Internacional da Muller, organizamos dúas actividades o día 09 de marzo dentro do Plan Proxecta 2019-2020: Por 365 días de respecto e igualdade e subvencionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

A primeira delas foi unha charla sobre o tratamento da violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais e a segunda, a representación teatral Golpes.

No que respecta á charla, impartida por Ánxeles Gómez, sobre o tratamento da violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais, o alumnado de 2º e 3º ESO tivo ocasión de analizar polo miúdo diferentes anuncios publicitarios para miralos e observalos dende unha óptica violeta, discriminando aqueles que dunha maneira ou doutra cousifican o corpo das mulleres e, polo tanto, se lles dá un tratamento violento. Por suposto, tamén se analizaron outros slogans e propaganda non machista para detectar as diferenzas entre uns e outros.

Deixámosvos algunhas fotografías de distintos momentos da charla.

 

Contratos programa: Sudokus

O mes de febreiro dedicámolo a resolver sudokus, un xogo antigo que require de lóxica e paciencia para resolvelo.  Realizamos un concurso de resolución de sudokus, cun premio para cada nivel. Ao principio o alumnado era un pouco reticente xa que a resolución supón paciencia e concentración, pero saíulles mellor do que pensaban.

Os obxectivos desta actividade son:

  • Mellorar a concentración.
  • Fomentar o gusto polas matemáticas e os xogos matemáticos.
  • Estimular e potenciar as habilidades de matemática lóxica e pensamento crítico.
  • Adquirir confianza coas matemáticas.

A entrega de premios foi este luns, día 9 de marzo.

NOVIDADES SUSPENSIÓN DAS CLASES

 

Dada a suspensión das clases presenciais decretada pola Xunta, estade atent@s ás noticias e publicacións desta páxina web.

O profesorado actualizará a información necesaria para continuar coa formación académica nas aulas virtuais, na plataforma E-Dixgal e nos apartados dos correspondentes departamentos didácticos desta web.

 

Si necesitades calquera aclaración ou documentación podedes contactar co centro nos correos seguintes:

 - ies.illadesaron.xove@edu.xunta.es

- sjul@edu.xunta.es

 

O teléfono de contacto en caso de emerxencia é: 699 857 847

 

IMPORTANTE:

Si alguén con contacto directo co centro (alumno/a, profesor/a, persoal non docente ou familiar directo) é positivo en coronavirus debe comunicalo por calquera dos medios dos que dispoñemos.

É importante que todos teñamos coñecemento destes casos si é que os hai.

Grazas

 

Actualizado ás 20:33 horas. 13/03/2020

Contratos programa: Actividade do mes de decembro

No mes de decembro realizamos varias actividades e / ou xogos, neste caso adaptadas aos contidos do currículo de cada curso.

As actividades desenvoltas por curso son as seguintes:

Contratos programa: Concurso de enigmas matemáticos

No mes de novembro organizamos o Concurso de enigmas matemáticos que sempre ten unha grande acollida por parte do alumnado.

O concurso é sinxelo: “Resolve os enigmas que hai no taboleiro da túa aula e gaña premios”.

Ten dúas categorías: unha para os cursos 1º e 2º de ESO, e outra para 3º e 4º de ESO.

Os obxectivos desta actividade son:

  • Aprender a xogar coas matemáticas.
  • Fomentar a investigación.
  • Aumentar a capacidade crítica.

Contratos programa: Preguntas de enxeño

Dentro do proxecto “Contratos-Programa 2019-2020" para adquirir e mellorar a competencia matemática levamos a cabo, mes a mes, diferentes actividades que iremos detallando a medida que se vaian realizando.

Durante o mes de outubro estivemos traballando con “Preguntas de enxeño”. Trátase de preguntas con dobre sentido, cuxas respostas son moi fáciles de averiguar, sempre e cando, entendesen ben o enunciado.

Distribuir contido


by Dr. Radut