Skip to Content

Le jeu des Loups-Garous expliqué par les élèves de 4è (FR)

O xogo dos Loups-Garous explicada polo alumnado de 4º de ESO. Vídeo en francés.

Prema no enlace para ver o vídeo:

http://fr.illadesaron.com/VIDEOS/loupsgarous.mp4

Historia do Cine ata os anos 80 - EPV 4º

Mini documental feito polo alumnado de 4º ESO sobre a historia do cine ata os anos 80 do século XX.

Prema no enlace para ver o vídeo:

http://fr.illadesaron.com/VIDEOS/historiacine.mp4

 

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA CURSO 2016/17

Orde do 23 de maio de 2017 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016/17.

BENEFICIARIOS: Alumnado que cursase 4º ESO en  réxime ordinario, no ano académico 2016/17 en Galicia,   e que obteña o título de graduado en ESO cun nota media  dos 4 cursos de  educación secundaria,  igual ou superior a 9,00 puntos.

PREMIO:  750 EUROS

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 8 de xuño de 2017 ata o día 7 de xullo de 2017

Mais información

 

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2017

Publicación de listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente nas Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017 (DOG 27/02/2017).

Estas listaxes e as instrucións correspondentes poderán consultarse na web da convocatoria www.edu.xunta.es/axudasle

EXAMES FINAIS DOS CICLOS FORMATIVOS

Exames finais

Programación da producción en moldeo de metais e polímeros

 

MóduloDíaHora
EmpresaMércores 14/06/201716:30
Programación da producción
Mércores 14/06/201718:20
Moldeamento pechado
Xoves 15/06/201716:30

Programación de sistemas automáticos

de fabricación mecánica

Xoves 15/06/201719:00
Verificación de produtos conformados
Xoves 15/06/201720:20
Xestión de calidade
Venres 16/06/201716:30
Interpretación gráfica
Venres 16/06/201718:20
Moldeamento aberto
Venres 16/06/201720:05
Caracterización de materiais
Luns 19/06/201716:30
FOLMércores 21/06/2017
16:30

 

Sistemas microinformáticos e redes

 

MóduloDíaHora
Aplicacións OfimáticasXoves 15/06/201712:50
EmpresaVénres 16/06/201712:50
Sistemas Operativos en Rede
Luns 19/06/20178:50
Montaxe e mantemento de equiposLuns 19/06/201711:40 - 14:30
Sistemas Operativos MonopostoMartes 20/06/20178:50 - 10:30
Servizos en Rede
Martes 20/06/201710:50

Seguridade Informática

Mércores 21/06/20178:50
Redes locaisMércores 21/06/201710:00
FOLMércores 21/06/201718:25
Aplicacións Web
Xoves 22/06/20178:50

CARREIRA "EN DEFENSA DA LINGUA"

O alumnado de 2º de ESO participou na carrera "En defensa da lingua" en Viveiro.

Aquí vos deixamos unhas imaxes:

 

 

 

VIAXE SANTIAGO 1º e 2º ESO

O pasado 15 de maio o alumnado de 1º e de 2º de ESO realizou un roteiro de matemático por Santiago de Compostela. Pola mañá estiveron na Facultade de Matemáticas coa profesora Elena Vázquez do Departamento da Xeometría, quen procurou que ao alumnado lles gustasen un pouco máis as mates.



Pola tarde en compañía de Pila, outra profe de matemáticas comprobaron a xeometría de diferentes prazas da cidade compostelá.

 

LER CONTA MOITO 2017: MAXIA LAB

Gracias ó Programa Ler Conta moito 2017 para a dinamización á lectura nas Bibliotecas públicas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia,  o concello de Xove invita ó  alumnado do IES Illa de Saron á asistir o próximo día 22 de maio ó espectáculo MAXIA LAB no Salón de Actos do Concello.

Trátase dun espectáculo interactivo de divulgación científica. Consiste nun percorrido pola historia da ciencia e da tecnoloxía, desde o Big Bang ós buratos negros etc.. Unha mestura dun show de ciencia con maxia e interactividade co público,  da man de José Ricardo Paredes Pampín, o mago Richard. 

 

INTERCAMBIO FRANCIA CURSO 2016/17 ALUMNADO 3º - 4º ESO

Dende o 30 abril ó 7 de maio o alumnado de Francés  de 3º e 4º de ESO do IES Illa de Sarón e do IES Marqués de Sargadelos,  acompañados polo profesor de Francés Alberto Aguado e o profesor de Educación Física Tomás Porto, participaron nun intercambio con alumnado francés do Collège Les Clorisseaux,  da ciudad de Poilly-lez-Gien, Francia. Con esta actividade preténdese mellorar a comunicación oral en lingua francesa do noso alumnado así como afondar no coñecemento das costumes e patrimonio cultural do pais veciño, convivindo con familias francesas.

Aproveitaron a viaxe para coñecer París, visitaron os lugares emblemáticos da capital e realizaron un percorrido en barco polo Sena. Visitaron tamén Fontaineblau e participaron nun obradoiro de Esgrima, deporte que ningún dos partipantes practicara antes.

Chegaron agotados, pero moi contentos da experiencia e con ganas de recomendala ós compañeiros de outros cursos que  poderán repetir esta experiencia  en vindeiros anos.

Mais informacion sobre esta actividade na páxina web do Departamento de Francés.

 

 PARÍS. ALUMNADO ILLA DE SARÓN E MARQUÉS DE SARGADELOS

INTERCAMBIO FRANCIA 2016/17

 FOTOGRAFIA CREATIVA TORRE EIFFEL

 

GRUPO ALUMNADO 4º ESO ILLA DE SARÓN

INTERCAMBIO FRANCIA 2016-17

Criterios calificación de Matemáticas

Podes consultar os criterios de calificación da asignatura de mátemáticas no ficheiro adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut