Skip to Content

EXPOSICIÓN DIDACTICA NO ILLA DE SARÓN: O POLBO E O SEU ECOSISTEMA

Con motivo do programa Xove mirando ó mar, e a celebración da XVII Festa gastronómica do Polbo da Pedra, que se celebrou en Xove no mes de marzo, deseñáronse unha serie de  7 carteis  que recollen información sobre "O polbo e o seu ecosistema".Esta exposición permanecerá no noso centro ata o 18 de  xuño. 

O alumnado de 1º e 2º de ESO cubriron un cuestionario sobre habitat, reprodución e outras, curiosidades sobre  este cefalópodo,  buscando a información  na exposición, situada on 1º andar do instituto. 

No mes de abril tamén tivemos no instituto a exposición "O percebe e o seu ecosistema" realizada dentro do mesmo programa. Ambas exposicións son moi interesantes, están gustando moito tanto a alumnado como a profesorado e poden visualizarse no seguinte enlace.

 

 

PRACTICA DE SURF NA PRAIA DE ESTEIRO

O Departamento de Educación Física do centro organizou un CURSO DE INICIACIÓN Á PRÁCTICA DO SURF para o alumnado de ESO, aproveitando que en Xove contamos cunha das mellores praias da Mariña para a práctica deste deporte.

 

PROXECTO TERRA: VIAXE ALUMNADO DE 4º ESO A GUIMARAES

O alumnado de 4º de ESO realizou xunto con alumnado do IES Marqués de Sargadelos, unha visita de  2 días a Guimaraes. Coñeceron  o centro histórico da localidade, a area de rehabilitación de Couros e visitaron a área de interés arqueolóxico, Citania de Briteiros. Esta actividade puido realizarse grazas á  participación no programa Proxecto Terra promovido polo colexio de arquitectos de Galicia. 

 

EXPOSICIÓN MICRORREDES 2018: MULLERES DE HOXE EN DÍA

Os traballos realizados polo alumnado do IES Illa de Sarón para formar parte da exposición Microrredes 2018, xa están colocados na entrada do centro educativo.

Trátase dunha serie de carteis de MULLERES DE HOXE EN DÍA: Mulleres que traballan en sectores con maior incidencia ou presencia masculina.

 

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2018

Este ano María Victoría Moreno é a autora homenaxeada o día das Letras Galegas.  No IES Illa de Sarón recordamos a súa figura, coa lectura  nos cursos da ESO de dúas das súas obras,  Leonardo e os fontaneiros e Anagnórise.

O alumnado asistirá ademais, ás adaptacións teatrais destas  dúas obras en Burela e en Viveiro.

Durante esta semana na entrada do centro educativo  contamos cunha exposición realizada polo alumnado de Educación Plástica de 1º de ESO, que elaboraron uns divertidos carteis con papel celofán de varios cores,  tomando como base unha imaxe de María Victoria Moreno. 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co equipo de Biblioteca colocaron en BiblioSarón un conxunto de 10 carteis que recollen a biografía da autora homenaxeada.

 

 

 

 

VIAXE A MADRID DO ALUMNADO DE 3º DE ESO

O alumnado de 3º de ESO viaxaron a Madrid acompañados da profesora de Xeografía e Historia, Sara Novoa. Durante a súa estancia de 3 días na capital fixeron un roteiro  guiado polo Madrid dos Austrias, visitaron o Museo do Prado e coñeceron lugares emblemáticos como o Palacio Real, a Praza Maior,  o parque do Retiro....

Por suposto tamén había unha parte lúdica con actividades ó aire libre no parque Amazonia e durante a noite cenaron no Hard Rock e asistiron ós musicais Billy Elliot e o Rei León.

 

CALENDARIO EXAMES FINAIS ALUMNADO MATERIAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES

Consultar o calendario de exames no documento adxunto.

Exposición Microrrede 2018

 
 
Un ano máis queremos propoñer ás comunidades educativas dos centros que formamos a Microrrede das Bibliotecas PLAMBE da Mariña unha nova actividade, con motivo das celebracións nos meses de abril e maio do Día do Libro e Día das Letras Galegas, que nos recordan a necesidade do fomento e dinamización da cultura, entendida como un ben común que propicia unha sociedade máis humana, igualitaria, crítica e libre.
 
O lema deste curso é A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO.
 
 
Os traballos expoñerémolos nos centros educativos e formarán parte da exposición conxunta que se fará en Viveiro (do 7 ao 10 de maio).
 
O alumnado do noso centro participa aportando, de xeito individual, un cartel A4 que recolle unha fotografía e unha breve reseña dunha MULLER DE HOXE EN DIA: mulleres que traballan en sectores con maior incidencia ou presencia masculina.
 
 
Exposición Microrrede 2018

CARICATURAS DO ALUMNADO DE 3º DE ESO

Na materia de Educación Plástica e Visual os alumnos/as de 3º de ESO, debuxaron caricaturas dos seus compañeiros. O profesor Alberto Aguado realizou unha montaxe dixital con todas elas. Aquí está o resultado final. Sodes capaces de recoñecelos?

 

VÍDEO ACROSPORT

O alumnado de ESO nas clases de Educación Física prepararon varias coreografías de Acrosport, que nos mostraron ó resto dos compañeiros durante a celebración do Entroido no Illa de Sarón.  

Picando aquí podedes visualizar o vídeo, realizado polo profesor  Alberto Aguado, dos ejercicios  realizados polos distintos grupos.

Distribuir contido


by Dr. Radut