Skip to Content

PROXECTO TERRA 2019 O COUREL - RIBEIRA SACRA

 

O alumnado de 4º de ESO do IES Illa de Sarón e do IES Marqués de Sargadelos, participaron un ano mais, nunha das actividades programadas dentro do Proxecto Terra. Este ano coñeceron a arquitectura popular e as paisaxes naturais do Courel.

Aloxáronse en Quiroga e visitaron o Museo etnográfico e o Museo Xeolóxico desta localidade. O último día, desfrutaron dun pracenteiro viaxe en catamarán polo rio Sil.

 

 

PRESENTACIÓN DA MINIEMPRESA: BOLOS SARÓN, NO CONGRESO FPINNOVA

 

O alumnado de 4º de ESO e do 2º curso do Ciclo Superior de Programación da produción en moldeamento de metais e polímeros, participa neste curso no Programa Lanzadeiras Lugo, que ten a finalidade de promover a innovación e o emprendemento en todas as etapas do sistema educativo co obxectivo de potenciar as competencias profesionais, sociais e persoais do alumnado a través da creación de miniempresas nos centros educativos.

A nosa miniempresa, Bolos Sarón. está destinada á elaboración e comercialización de xogos de birlos celtas. Un modelo dirixido ao público infantil e outro ao público adulto.

A finalidade é promocionar un xogo tradicional, propio do Concello de Xove, os Bolos celtas, que se se segue practicando na actualidade, con moitos aficionados/as, incluso entre as novas xeracións,  e fomentar a práctica deportiva.

Para  a súa elaboración utilizanse resinas, plásticos reciclados e cargas de aluminio para conseguir pesos ideais.

 

Os alumnos/as participantes no proxecto e a súa profesora Lucía Noelia García, asistirán como invitados ó congreso FPInnova o próximo día 8 de maio, para presentar oficialmente a miniempresa, Bolos Sarón.

 

CORRELINGUA 2019

O alumnado de 1º e 2º de ESO participaron hoxe 7 de maio, na gran festa escolar que reuniu a unha porcentaxe importante da comunidade educativa en defensa da lingua galega.

"Temos química coa nosa lingua" foi o título do manifesto do Correlingua 2019 que hoxe se leu dende Ribadeo, coa participación de case dous mil escolares de toda A Mariña.

 

  

VIAXE A COMPOSTELA DO ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO

Os Departamentos de Matemáticas e Xeografía e Historia organizaron unha viaxe a Santiago de Compostela para o alumnado de 1º e 2º de ESO.

Pola mañán visitaron o Pórtico da Gloria na Catedral de Santiago e pola tarde fixeron un roteiro matemático percorrendo lugares emblematicos da cidade.

 

 

DATAS DE EXAMES DE MATERIAS PENDENTES DO CURSO 2017/18

PROGRAMA CATUXA: ENCONTRO FAMILIAS E PROFESORADO

O programa Catuxa de sensibilización sobre a  violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes para o alumnado de 3º e 4º da ESO dos IES públicos da Mariña Lucense,  convida a familias e profesorado a participar nun encontro sobre violencia de xénero en adolescentes no IES Perdouro de Burela o día 15 de maio.

 

 


ACTIVIDADES FORMATIVAS STEMWEEK EN LINGUA INGLESA

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria da actividade formativa STEMweek, dirixida á mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM.

A actividade terá carácter gratuíto para as familias. 

- ALUMNADO 3º - 4º ESO  (200 PRAZAS)

- ESTADÍA NO CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE(CRD) da Coruña

 

DATAS DA ESTADÍA: 

  • 1º QUENDA: 25-31 AGOSTO
  • 2º QUENDA: 1-7 SETEMBRO

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do 30 ABRIL ao 30 DE MAIO DE 2019, ambos os dous incluídos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED504G) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

DISCURSHOW PE NO PEDAL!

 

 REPRESENTACIÓN PARA O ALUMNADO DO

  IES ILLA DE SARÓN

 E

 IES MARQUÉS DE SARGADELOS

    

VENRES 12 ABRIL 12:30

 CASA DA CULTURA DE SAN CIBRAO

 

FALAMOS DA ESCOLA FUNDACIÓN ABANCA

Coa finalidade de fomentar as relacións interxeracionais, a entidade ABanca puxo en marcha neste curso, a actividade "Falamos da escola" mediante a que o  alumnado  de 4º de ESO, coñece a través da experiencia das personas maiores a historia da educación en Galicia. 

 

 

ENCONTRO COA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ

A escritora burelesa, Antía Yáñez, gañadora do Premio de Narrativa Illa Nova 2018,  pola súa novela Senlleiras, visita a Biblioteca do IES Illa de Sarón.

O alumnado sentía moita curiosidade por coñecer a esta escritora tan xoven, con orixes moi próximos a Xove e preguntarlle pola súa vocación de escritora, e outros aspectos da súa biografía. 

Por suposto pedir a firma de exemplares dos seus libros, era algo obrigado. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut