Skip to Content

VÍDEO ACROSPORT

O alumnado de ESO nas clases de Educación Física prepararon varias coreografías de Acrosport, que nos mostraron ó resto dos compañeiros durante a celebración do Entroido no Illa de Sarón.  

Picando aquí podedes visualizar o vídeo, realizado polo profesor  Alberto Aguado, dos ejercicios  realizados polos distintos grupos.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O alumnado do Illa de Sarónn quixo reinvidicar a igualdade, coa lectura do manifesto "Querémonos libres e iguais", nun acto que tivo lugar na praza do Concello ó que os estudantes acudiron con pancartas con lemas a favor da igualdade.

O alumnado participou no acto coa lectura de alguns parágrafos  da conferencia "Todos deberíamos ser feministas"  da escritora nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie.

 

 

 

 

XORNADAS ESCOLARES PARA UN USO SEGURO E RESPONSABLE DA REDE. INCIBE

O día 5 de febreiro celebráronse as Xornadas de Uso seguro e responsable na Rede, para escolares.

As xornadas, ofertadas polo INCIBE (Instituto Nacional  de Ciberseguridad de España) dentro do seu programa IS4K (Internet segura for KIds)  consistiron na realización de 3 talleres:

  • 1 taller práctico dirixido a educadores.
  • 2 talleres prácticos dirixidos a alumnado de 1º e 2º de ESO.

Realizáronse 2 sesións de 50 minutos con cada un dos grupos co fin de concienciar ós alumnos/as sobre os riscos e promover boas prácticas para un uso responsable de Internet.

A unidade didáctica escollida polo noso centro foi: Tu información vale mucho.   Módulo relacionado co cuidado da privacidade,  da protección da propia información e imaxe e construcción dunha identidade dixital positiva.

 

 

Na páxina do programa, http://www.is4k.es pódese atopar información moi útil para os xóvenes, familias e educadores. A páxina ofrece tamén unha línea de axuda.

 

PROXECTO INTERXERACIONAL. FÁLAME DA EMIGRACIÓN: O VALOR DA EXPERIENCIA

O alumnado de 2º de ESO do IES Illa de Sarón participará este curso no proxecto Fálame da emigración: O valor da experiencia, posto en marcha pola Afundacion, Obra social ABANCA.

O luns 19 de febreiro, estiveron no noso centro 4 voluntarios, socios de Afundación en Viveiro,  que lles  contaron a este grupo de alumnos/as, as experiencias vividas durante a súa etapa na emigración.  Este achegamento á historia da emigración galega,  resultou moi enriquecedor por ambas partes, os 50 minutos de tempo que durou a sesión, fixéronse moi curtos e os rapaces saíron da aula con moito interese por preguntar nas súas casas, historias de familiares emigrados, para ser eles que conten as historias dos seus parentes, na próxima xornada, que será o venres 23 de marzo.

Os maiores quedaron encantados do interese dos alumnos/as polas súas historias, da espontaneidade e curiosidade que amosaban, das moitas preguntas que lles facían e prometeron que o próximo día traerían fotos daquela época.

 

 

  

ENTROIDO 2018


O ENTROIDO É O PERÍODO NO QUE AS PERSOAS FESTEXAN NO SEU MUNDO COA FANTASÍA DE QUE ESTÁN NOUTRO

 

O venres día 10 celebramos un FESTIVAL DE ENTROIDO no Illa de Sarón organizado polo alumnado de 4º de ESO coa colaboración do Departamento de Educación Física.

Os alumnos/as participaron no concurso de disfraces e  tamén no concurso de ACROSPORT, ximnasia acrobática, que gañou un grupo de alumnos/as de 1º de ESO.

 

 

Tivemos ata un PHOTOCALL DA FAMILIA PICAPIEDRA, deseñado e elaborado por un grupo de alumnos/as de 4º de ESO.

 

E ademais os alumnos/as de 2º de ESO en colaboración coa profesora de Música, tamén decoraron a entrada do centro con motivo do 14 de febreiro,  SAN VALENTÍN.

 

ALUMNADO DE 3º E 4º DE ESO VISITAN A MOSTRA: O PERGAMIÑO VINDEL. UN TESOURO EN SETE CANTIGAS.

O departamento de Lingua galega e o Equipo de Dinamización da Lingua galega do IES Illa de Sarón, organizaron unha visita a Vigo con alumnado de 3º e 4º de ESO para visitar a mostra Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas.

O Pergamiño Vindel, un manuscrito que contén 7 cantigas de amigo de Martín Codax, serve para comprender o esplendor da lírica medieval galego-portuguesa.  Leva 40 anos depositado na Morgan Library&Museum de Nova York, e chega a Galicia, onde se exhibe ó público no Museo do Mar, por primeira vez na historia. Unha oportunidade única que non podíamos desaproveitar.

 

 

 Durante a viaxe visitaron tamén o Museo de Pontevedra e a Illa de San Simón,  referencia literaria da poesia medieval.

 

De volta a Xove, fixeron unha parada en Padrón para visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro,  onde a escritora pasou os derradeiros  anos da súa vida.

 

 

PROXECTO TRAVESIAS EDUCATIVAS. O "MOBILE GOAT" CHEGA Ó IES ILLA DE SARÓN

O Mobile Goat, un minibarco procedente de Terranova e equipado cun GPS varou na costa de Morás  e foi recollido por un grupo de rapaces da comisión de festas. Este barco forma parte xunto con outros, dun proxecto educativo que comezou en Estados Unidos, chamado "Educational Passages".  Este proxecto, pretende  poñer en contacto escolas de todo o mundo para compartir experiencias culturais internacionais e  adquirir coñecementos de navegación e medioambiente. 

Por iso,  estes rapaces se puxeron en contacto co noso centro educativo a través da técnico de turismo do Concello de Xove  e onte o grupo de alumnos/as de 2º de ESO recibiron o barco no IES Illa de Sarón.

A casualidade,  fixo que o Illa de Sarón conte cun ciclo superior de Moldeo de metais e polímeros, por tanto o alumnado do ciclo poderán encargarse da reparación dos danos causados durante a travesía no casco do minibarco,  e  buscaremos tamén a forma de repoñer a vela.

O alumnado de 2º de ESO, serán os encargados de "customizar" o casco con imaxes e frases representativas do noso centro e do Concello de Xove. O barco, conta cun compartimento interior no que o alumnado quere introducir información dixitalizada e incluso algún obxecto de recordo.

Unha vez rematada a reparación, botaremos o barco  de novo ó mar e seguirémolo  a través da páxina web do proxecto,  ata o seguinte destino.

 

PRESENTACIÓN DO LIBRO "SI ME PIERDO, TÚ ME ENCUENTRAS", DE IRENE REGA JUL.

 

Mañá, venres 26 de xaneiro (ás 10:40 para 1º ESO e as 11:40 para 2º ESO), terá lugar na Biblioteca do IES Illa de Sarón a presentación do libro Si me pierdo, tú me encuentras, de Irene Rega Jul.

 

 

 

Nacida en enero de 1996, esta novel escritora, viveu sempre nun pequeno pobo da Mariña Lucense, en San Ciprián.

 

Creceu nun fogar repleto de libros e de lectores, que lle inculcaron esta afición dende moi pequena.

 

Dende nena gustoulle ler libros e crear historias a partires deles, para pouco a pouco pasar a inventar as súas propias historias.

 

Non foi ata os 16 cando comezou a escribilas, participando a partires dese momento en varias antoloxías tanto en verso como en prosa, en Diversidad Literaria e en ACEN, gañando diversos concursos a nivel rexional.

 

Actualmente está estudando o Grao de Educación Primaria na USC.

 

 

 

 

VIDEO PRESENTACIÓN CONCURSO ESCOLA DE PRENSA EL PROGRESO

A última semana de Decembro gravamos o vídeo de presentación para o concurso  Escola de Prensa do diario El Progreso. Deixovos o enlace para que poidades visualizar o vídeo,  realizado por alumnado de ESO, coa colaboración do profesor de Francés do centro Alberto Aguado. 

VISITA Á CENTRAL TÉRMICA DE AS PONTES

O martes 16 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º de ESO visitou a Central Térmica de As Pontes, un dos centros xeradores de enerxía eléctrica mais importantes de España. 

Durante a visita percorreron as partes mais importantes da central: o parque de carbóns, as turbinas, as torres de refrixeración, a  sala de control etc... Tamén se acercaron ó Lago de As Pontes,   que se creou para lograr a recuperación medioambiental dos terreos ocupados pola mina de lignito, explotada a ceo aberto ata o ano 2007. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut