Skip to Content

Criterios calificación de Matemáticas

Podes consultar os criterios de calificación da asignatura de mátemáticas no ficheiro adxunto.

IX CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA

O alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO e de 1º do Ciclo medio de  de Sistemas Microinformáticos e Redes participaron o día 27 de abril no IX CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA,organizado por Igaciencia, contando coa colaboración da Fundación Barrié.

O resto do alumnado de 4º de ESO que non participaba no curso, aproveitaron a viaxe a Coruña para visitar a Casa das Ciencias e pasaron unha mañá moi entretida en PURO SWING, unha exposición sobre péndulos con experiencias interactivas. 

 

 

Exames de materias pendentes do curso 2015/2016

ABRIL

Luns 24Martes 25Mércores 26Xoves 27Venres 28
    

Lingua Castelá (alumnado de 4º ESO): 12.50 - 14.30


Matemáticas (exame parcial): 18.00

 

MAIO

Luns 1Martes 2Mércores 3Xoves 4Venres 5
 

 Inglés:
11.40 - 12.30

 

 Lingua Galega: 8.50 - 9.40


Ciencias Sociais: 11.40


Matemáticas (final): 18.00

 Lingua Castelá (alumnado de 2º ESO con pendente de 1º ESO): 11.40 - 12.50
Luns 8Martes 9   
 Bioloxía /Xeoloxía (pendente 3º ESO): 18.15 AVALIACIÓN   

 

Lingua Castelá (alumnado de 4º ESO): Venres 28 de Abril de 12:50 a 14:30

Lingua Castelá (alumnado de 2º ESO): Venres 5 de Maio de 11:40 a 12:50

Matemáticas (exame parcial): Venres 28 de Abril ás 18:00

Matemáticas (final): Xoves 4 de Maio ás 18:00

Inglés: Martes 2 de Maio de 11:40 a 12:30

Lingua Galega: Xoves 4 de Maio de 8:50 a 9:40

Ciencias Sociais: Xoves 4 de Maio ás 11:40

Bioloxía/Xeoloxía: Luns 8 de Maio as 18:15

AVALIACIÓN: Martes 9 de Maio

 

ENTREGA NOTAS 2ª AVALIACION

 

SESION DE AVALIACIÓN: MARTES 21 DE MARZO

ENTREGA NOTAS:  VENRES 24 DE MARZO

DIA INTERNACIONAL DA MULLER 2017

 Muller e traballo:

importancia da formación inicial e da formación continua

O día 8 de marzo de 2017 con motivo do Día Internacional da Muller  tivo lugar no IES Illa de Sarón, unha mesa redonda que abordou tanto o presente como o pasado da situación laboral da muller, incidindo, especialmente, no seu rol social tradicional dentro dos condicionantes da súa vida laboral.

 

Sen esquecer a progresiva incorporación da muller a profesións nas que fai ben pouco tiña unha representación máis ben minoritaria, recalcouse moito a importancia da formación inicial e da formación continua dentro das posibles respostas de adaptación ás dificultades de acceso ao emprego, á precariedade laboral e aos cambios de raíz e de estrutura do sistema produtivo que nos veñen dados.

Participaron na mesa redonda:

  • José Ramón Casas Oroza. Ex-Vicedirector do IES  Illa de Sarón.
  • Martina Mendiña Juncal. Cabo na OAP de Ferrol. Sección de Recrutamento. Armada Española.
  • Fátima Rodríguez Moreda. Avogada. Asesora Xurídica do Centro de Información á Muller. Mondoñedo
  • María Nieves Seoane Martínez. Xefa do Departamento de Orientación do IES Illa de Saron. Moderadora da mesa.

 

 

 

 

 

VIDEO DA VIAXE A LUGO DO ALUMNADO DE 2º DE ESO

DISCURSHOW CODIGO SAPIENS

09/02/2017 14:03
09/02/2017 14:03
Europe/Madrid

ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

12:00 CASA DA CULTURA DE SAN CIBRAO

DISCURSHOW CODIGO SAPIENS

O alumnado do IES Illa de Sarón e do IES Marqués de Sargadelos asistirán á representación do novo discurshow de Xurxo Mariño e Vicente Mohedano,  CÓDIGO SAPIENS o próximo xoves 9 de febreiro as 12:00  na Casa de Cultura de San Cibrao. 

 

 

Nesta actividade organizada polo departamento de Actividades extraescolares e complementarias do IES Illa  de Sarón indagarase sobre algunhas ideas que nos indican como apareceu e como se desenvolveu a linguaxe. 

Un luxo para o noso alumnado contar coa posibilidade de disfrutar deste traballo de divulgación  estreado en setembro de 2016 en Bilbao.

 

 Deixamosvos 2 imaxes da intervención de Xurxo Mariño.

 

 

 

 

ALUMNADO DE 2º DE ESO NO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

CALENDARIO AMPLIACIÓN LOMCE

Publicado no BOE o Real Decreto-ley 5/2016, de 9 de diciembre, de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implantación da Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

Segundo a nota de prensa emiitida polo Ministerio de Educación Cultura e Deportes ata a entrada en vigor do Pacto pola Educación as avaliacións terán as seguintes características. 

A avaliación final de Educación Secundaria Obligatoria:

  • Será muestral, participando únicamente nela o alumnado matriculado en cuarto curso que sexa seleccionado pola Administración educativa, exclusivamente pola opción cursada. A mostra de alumnos e centros deberá ser suficiente para obter datos representativos. En calquera caso, as Administracións Educativas poderán elevar o número de centros participantes por encima das necesidades muestrais, ou realizala con carácter censal.
  • Limitarase ás materias troncais xerais do último curso.
  • Non terá efectos académicos, terá unha finalidade meramente diagnóstica. En consecuencia, a súa superación non será necesaria para a obtención do título de Graduado de ESO, e os seus resultados non constarán no expediente académico individual.

 - A avaliación final de Bacharelato:

  • Realizarase exclusivamente para o alumnado que queira acceder a estudos universitarios.
  • Será similar á Proba de Acceso á Universidade, aínda que con dúas importantes diferencias: Por un lado, a Avaliación terá por obxecto as competencias nos termos establecidos nos currículos de ESO e Bacharelato aprobados na LOMCE (Real Decreto 1105/2014, de 26 de diciembre); e por outro,  avánzase na uniformidade da proba, que deberá axustarse ás características, datas e contido que se establezan mediante Orde doMinistro de Educación, Cultura e Deporte.
  • Non terá outros efectos académicos que os do acceso á universidade.
  • Limitarase ás materias troncais xerais do último curso, e ás materias troncais de opción para subir nota.
Distribuir contido


by Dr. Radut