Skip to Content

Contratos programa: Actividade do mes de decembro

No mes de decembro realizamos varias actividades e / ou xogos, neste caso adaptadas aos contidos do currículo de cada curso.

As actividades desenvoltas por curso son as seguintes:

En 1ºESO:

Taboleiro de números enteiros

En grupos de catro alumnas/-os, xogamos cos números enteiros. Desta maneira afianzamos o concepto de número enteiro, así como as operacións básicas de suma e resta.

A fracción máis alta

Consiste nun xogo de cartas no que se reparten entre os xogadores. En cada baza gaña a carta máis alta. O xogador ou xogadora que xunte máis cartas será o gañador ou gañadora.

Nas cartas aparecen sumas, restas, multiplicacións e divisións de fraccións así como fraccións que hai que reducir.

As dúas actividades tiveron un grande éxito entre o alumnado de 1º ESO.

En 2ºESO:

Taboleiro de álxebra

En grupos de catro, repasamos o valor numérico e a resolución de ecuacións. Non se pode predicir o gañador ou gañadora xa que é tan fácil avanzar no taboleiro como retroceder.

Esta actividade gustoulle moito ao alumnado, pasárono xenial e riron á esgalla cada vez que a/o contrincante retrocedía.

Sistemas xeométricos

Consistiu na resolución de sistemas mediante iconas. Esta actividade resultoulles un tanto complexa, así que se repetiu co grupo de 3º ESO, onde o resultado foi máis satisfactorio.

En 3ºESO:

Sistemas xeométricos

Neste caso, a actividade tivo mellor acollida. Aínda que os comezos son sempre duros, cando acadaron os resultados dos sistemas, a satisfacción do alumnado foi evidente.

A tenacidade deste grupo obtivo os seus froitos.

Pistas de álxebra

Actividade similar ao taboleiro de álxebra empregado en 2ºESO pero con retos adecuados ao curso de 3ºESO.

En 4ºESO:

Sudoku de ecuacións

Nesta actividade reforzamos os coñecementos adquiridos na unidade de ecuación de 1º e 2º grao. As solucións destas ecuacións son as pistas para comezar un sudoku que hai que rematar.

Deixámosvos un exemplo da actividade: