O departamento de Lingua galega e o Equipo de Dinamización da Lingua galega do IES Illa de Sarón, organizaron unha visita a Vigo con alumnado de 3º e 4º de ESO para visitar a mostra Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas.
O Pergamiño Vindel, un manuscrito que contén 7 cantigas de amigo de Martín Codax, serve para comprender o esplendor da lírica medieval galego-portuguesa. Leva 40 anos depositado na Morgan Library&Museum de Nova York, e chega a Galicia, onde se exhibe ó público no Museo do Mar, por primeira vez na historia. Unha oportunidade única que non podíamos desaproveitar.
Durante a viaxe visitaron tamén o Museo de Pontevedra e a Illa de San Simón, referencia literaria da poesia medieval.
De volta a Xove, fixeron unha parada en Padrón para visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro, onde a escritora pasou os derradeiros anos da súa vida.