O xoves 23 de novembro o alumnado de 1º e 2º de ESO estivo de visita no Parque da Vida de Luarca. Un parque con actividades de divulgación científica para o estudio do entorno natural, do mundo animal e do espacio.
Pola tarde visitaron os Jardines de la Fonte Baixa. Trátase do botánico privado mais grande de Europa, ten unha extensión de 20 hectáreas e pódense encontrar 569 variedades de plantas de todos os climas. Conta con 17 km de paseos, 9 miradores, 19 fontes e moitas esculturas de diferentes épocas e estilos.
Os xardíns teñen mais de 15 anos e o guía vai explicando a historia e curiosidades das diferentes plantas que alí se atopan.
As vistas de Luarca dende os miradores do xardín son espectaculares.
No seguinte enlace podedes descargar mais fotos desta actividade.