EventosIniciar sesión |
Protocolos de actuación despois de realizar o test CovidEnviado por iesproval o Lun, 2020-11-23 01:41
Protocolo dispoñible neste enlace ( categories: )
Distribución de máscaras entre o alumnadoEnviado por iesproval o Mar, 2020-11-17 13:13
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado nos niveis de ensino obrigatorio e educación especial. Beneficiarios: 1. O alumnado ao que se lle condeceu a axuda para adquirir material escolar no curso 20/21 (non necesita facer solicitude, pois o centro xa lle asigna as máscaras directamente no prazo establecido). Prazo para de solicitude: Do 16 ao 27 de novembro (Secretaría do centro 9:00-14:00 h.) Procedemento: 1. Descargar e cubrir o impreso de solicitude (Anexo I) e entregalo no centro (tamén poden recollelo en papel no centro). IMPORTANTE: O centro comezará coa repartición de máscaras a partir do día 27 de novembro directamente entre os beneficiarios da axuda de material escolar; o restante alumnado solicitante terá que agardar á resolución da Xunta. ( categories: )
Concurso "Contos do Samaín"Enviado por iesproval o Ven, 2020-11-13 23:36
Este venres 13 entregamos os premios do concurso “Contos do medo: Do Samaín ao San Martiño andan as ánimas polo camiño”, organizado polo noso Equipo de Dinaminación Lingüística. Valaquí os gañadores/as:
Primeira categoría (1-2 ESO): na modalidade de relatos, Marco Casas con “O libro encantado”, Hernán Bruno con “A casa embruxada” e Noelia Carro con “A matanza”; e nas modalidades de audio e vídeo, Jorge Conde con “Para morrer” e Isis Acea con “Unha aparición da Santa Compaña”.
Segunda categoría (3-4 ESO e FPB): Noa Pazos con “Campamento terrorífico”,
Terceira categoría (bacharelato, ciclos e ESA): Diego Rodríguez con “Presaxio da desgraza” e Sergio Gil con “A revelación”.
Parabéns aos premiados/as e moitas grazas a todos os participantes por irdes sementado o medo… con tanta creatividade!
Erasmus+ en DiverLanhosoEnviado por iesproval o Ven, 2020-11-06 20:06
A nosa alumna Rosa Iglesias, do ciclo medio de Xestión administrativa en oferta modular, está realizando o módulo de FCT cunha bolsa de mobilidade Erasmus+ en DiverLanhoso, un parque de aventuras (senderismo, escalada, tirolina, rafting, paintball...), preto do Parque Nacional Peneda Gerês. Aprendizaxe e diversión inesquecible alén Miño! ( categories: )
Concurso "Contos do Samaín"Enviado por iesproval o Sáb, 2020-10-31 17:39
Animádevos a participar no “Concurso de contos do Samaín” organizado polo Equipo de Dinamización da lingua galega do Proval. Podedes escribir un relato de medo, gravar un vídeo ou un audio e enviárnolo ao enderezo “equipoedlproval@gmail.com”. Hai tres categorias: a) 1-2 ESO; b) 3-4 ESO e FPB; c) bacharelato, ciclos e ESA. Valorarse a creativadade, orixinalidade e calidade das creacións. Lembrade que tedes de prazo até o 9 de novembro. Sorte!
Día non lectivo: 2 de novembroEnviado por iesproval o Sáb, 2020-10-31 11:13
Informamos á comunidade educativa de que o próximo luns o centro estará pechado e non haberá clases. Convocatoria de bolsas Erasmus+ para Ciclos Medios e Superiores de FP (outubro, 2020)Enviado por iesproval o Lun, 2020-10-26 01:51
Convocadas as bolsas para mobilidades Erasmus + de alumnado de ciclos medios e superiores de FP. Prazo de solicitude ata o 16 de novembro. Consulta toda a información neste enlace. Inicio curso ciclos formativosEnviado por iesproval o Mér, 2020-09-23 11:26
Para consultares o calendario de presentación e inicio de curso de todos os ciclos formativos de Administrativo e Electrónica preme no enlace.
Para visualizar os horarios dos respectivos ciclos de Xestión administrativa e Instalacións de telecomunicacións preme nos enlaces da táboa:
( categories: )
Plan de acollida 2020-21Enviado por iesproval o Mar, 2020-09-22 20:01
Para consultar o Plan de acollida do IES Escolas Proval para este próximo curso 2020-21, premede no enlace. ( categories: )
Aprazamento presentación ciclosEnviado por iesproval o Mar, 2020-09-22 14:45
A presentación de ciclos medios e superiores de Administración e Electrónica, tanto de diúrno como nocturno, adíase para o próximo luns día 28 de setembro. ( categories: )
![]() |