Iniciar sesión |
Solicitude Admisión Curso 2020/21Enviado por iesproval o Xov, 2020-05-07 23:00
Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso 2020/2021, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma. Prazo de admisión: 11 de maio - 18 de maio Prazo para a presentación da documentación para a baremación: 11 de maio - 26 de maio Formas de presentar a solicitude:
AVISO IMPORTANTE: Por motivos de seguridade sanitaria recomendamos a opción telemática; e, no caso de asistiren presencialmente, rogamos que respecten as distancias de seguridade e as medidas de hixiene necesarias. Se necesitan solicitar información relacionada con este proceso de admisión ou se teñen calquera outra dúbida sobre a xestión do centro, poden chamarnos ao número 886 110 367. Quen debe presentar a solicitude: (Só para alumnado novo non adscrito, que non estea matriculado no IES Escolas Proval no actual curso)
Publicacion da listaxe privisonal: antes do 9 de xuño. Reclamacións contra as listaxes provisionais: nun prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación. Publicación das listaxes defintivas: ata o 26 de xuño. Formalización da matrícula ordinaria na ESO e bacharelato: do 1 ao 10 de xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro.
( categories: )
Instrucións para a realización da ABAUEnviado por iesproval o Xov, 2020-05-07 00:22
Publicada a Resolución do 28 de abril de 2020, pola que se modifica a Resolución do 26 de febreiro de 2020 pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2019/20, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2020/21.
( categories: )
Instrucións definitivas para o 3º trimestreEnviado por iesproval o Mar, 2020-04-28 15:23
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a resolución na que se ditan as instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do 2019-2020 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
( categories: )
Modelos de exame ABAU 2020Enviado por iesproval o Mar, 2020-04-28 15:18
A CIUG vén de publicar na súa páxina web os modelos de exame de cada materia para este curso acdémico 2019-2020. Prestade atención ás novidades e ás características da ABAU publicadas no BOE do 23 de abril. Para maior información véxase tamén a Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se modifica a Resolución do 26 de febreiro, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2019/2020, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2020/2021. ( categories: )
Directrices para o 3º trimestreEnviado por iesproval o Ven, 2020-04-24 13:31
O Ministerio de Educación publicou hoxe no BOE a orde EFP/365/2020, de 22 de abril, pola que se establecen o marco e as directrices de actuación para o terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021, ante a situación de crise ocasionada polo COVID-19.
Medidas excepcionais na Formación ProfesionalEnviado por iesproval o Mér, 2020-04-22 23:00
Publicada a Resolución pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial: ( categories: )
Videochat USCEnviado por iesproval o Mér, 2020-04-22 08:28
A Oficina de Información Universitaria da USC pon a disposición de todo o alumnado interesado en resolver dúbidas sobre titulacións de grao un videochat que estará activo cada mércores, a partir de hoxe e mentres dure o confinamento, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Para accederes a este servizo de videoconferencia preme neste enlace.
Proxecto Terra-APLUEnviado por iesproval o Xov, 2020-04-16 20:25
O noso alumnado de 2º e 3º ESO participou este curso na actividade “Eu son inspect@r urbanístic@. Coida do Territorio. Coida do teu”, que forma parte do Proxecto TERRA-APLU (Axencia de Protección da Legalidade Urbanística), promovido polo departamento de Xeografía e Historia para potenciar a protección do medio, da paisaxe e do noso territorio. Nas imaxes podemos velos lucindo cadansúa identificación que os acredita como inspectores urbanísticos! Parabéns! ( categories: )
![]() |
Eventos
|