Concurso de relatos contra a violencia machista

Enviado por iesproval o Dom, 2022-11-13 16:32

CONCURSO DE RELATOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

"Doulle vós ás silenciadas"

Trinta e sete mulleres foron asasinadas no que vai de ano polas súas parellas ou exparellas. As noticias ás veces dinnos o seu nome, ás veces non; pasan a ser un número máis, unha vítima sen rostro, sen vida.

Nos nosos relatos imos honrar estas mulleres, facéndoas visibles, lembrando que tiñam  persoas queridas, ilusión, desexos, preocupacións, familia... lembrando que tiñan rostro e que estaban vivas.

Lemos o texto coas breves noticias que reflicten os asasinatos e escollemos unha desas mulleres para sermos a súa voz.

Destacamos o seu nome, ou se non aparece, poñémoslle nós un nome, que será o título do relato. Logo contamos quen era, que lle gustaba, que facía, a quen amaba. Imaxinamos a súa historia, imaxinámola viva. E falamos por ela, en primeira persoa ou acompañándoa como unha voz amiga.

O relato terá un mínimo de 200 palabras e un máximo de 300. Presentarase nun documento de texto (word, oda, pdf...) e enviarase ao correo do Equipo  de Dinamización da Lingua Galega até o 25 de novembroequipoedlproval@gmail.com

Velaquí os premios:

CATEGORÍA A: 1º/2º/3º ESO, PMAR, PDC e 1º FPB

CATEGORÍA B: 4º ESO, 2º FPB, bacharelato, ESA e ciclos.

Tres premios por cada categoría:

1º PREMIO: 15 euros

2º PREMIO: 10 euros

3º PREMIO: 5 euros