Eventos
Iniciar sesión |
Normalización LinguísticaEquipo de Dinamización Lingüística 2019-20Enviado por iesproval o Mér, 2007-11-28 21:38
( categories: )
Poemas gañadores no III Certame Beatriz da SerraEnviado por iesproval o Lun, 2022-06-13 23:45
Co gallo do Día da Poesía presentamos o III Certame de poesía Beatriz da Serra. Alégranos saber que cada vez somos máis os centros implicados neste proxecto promovido polos equipos de dinamización da lingua galega; así, nesta III edición, alén do noso insitituto, do IES Plurilingüe Terra de Turonio e do CEIP Carlos Casares, contamos tamén co IES Primeiro de Marzo, CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro, CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios, ademais da colaboración dos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona.
![]() Este concurso de micropoesía vai dirirxido a todo o alumnado dos centros educativos do Val Miñor. Son tres as categorias:
Cómpre compor un poema de entre 3 e 8 versos para poder optar aos seguintes premios por categoría: ![]() 1º premio: dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa, unha peza cerámica conmemorativa de Antón Román e mais dez exemplares do libro do certame.
2º premio: dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa e mais dez exemplares do libro do certame.
Poden ver os poemas gañadores premendo na seguinte ligazón. Noraboa a todas e todos os participantes e parabéns ás nosas alumnas por obteren a mención do xurado na categoría B:
Elena Taboada Fernández (1º ESO) co poema "Mentres o sol"; Adriana Grandal Alonso (1º ESO) co poema "A chuvia" e Tania Pereira Montoya (3º ESO) co poema "Aturuxo".
( categories: )
Festa da Candeloria: 2 de febreiroEnviado por iesproval o Mar, 2022-02-01 21:00
O 2 de febreiro é o verdadeiro día do amor: a Candeloria Escribíronme unha carta nas alas dun paxariño, quen che me dera saber quen me ten tanto cariño.
Non te quixen nin te quero nin teño tal intención, que outros paxariños voan dentro do meu corazón.
Día da Candeloria, inverno fóra. Se chove ou venta, aínda entra. Que a Candeloria chore, que deixe de chorar, metade do inverno está por pasar.
Velaquí as artistas gañadoras:
Alén das coplas gañadoras, o xurado tamén destaca a calidade das coplas presentadas por. Iria, Rhaylla e Iván (1º ESO A); Elena e Sara (1º ESO B); Ibay, Alba, Gabriela, Rita, Marvin, Sara e Lidia (2º ESO A); e Iria, Lucía, Allegra, Tania, Roberto, Aitor e Daniel (2º ESO B). Neste tempos convulsos, que gañe sempre o amor e que viva a Candeloria!
( categories: )
Concurso de deseño "Castelao"Enviado por iesproval o Xov, 2022-01-20 12:33
DÍA DE CASTELAO. CONCURSO DE ILUSTRACIÓN E BANDA DESEÑADA O 30 de xaneiro é o aniversario do nacemento de Castelao. Para lembrar o escritor e debuxante convocamos un concurso de ilustración e banda deseñada inspirándonos en catro dos seus relatos. CATEGORÍAS:
MODALIDADES:
PREMIOS: Haberá tres premios por cada categoría. BANDA DESEÑADA
ILUSTRACIÓN
PRAZOS E ENTREGA DOS TRABALLOS Os traballos entregaranse ás profesoras de lingua galega ou plástica. Tamén poden enviarse ao seguinte enderezo de correo electrónico: equipoedlproval@gmail.com A data límite de entrega é o 3 de febreiro.
( categories: )
"Doulle voz ás silenciadas"Enviado por iesproval o Ven, 2021-11-05 22:49
CONCURSO DE RELATOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO “DOULLE VOZ ÁS SILENCIADAS” Trinta e sete mulleres foron asasinadas no que vai de ano polas súas parellas ou exparellas. As noticias ás veces dinnos o seu nome, ás veces non; pasan a ser un número máis, unha vítima sen rostro, sen vida. Nos nosos relatos imos honrar estas mulleres, facéndoas visibles, lembrando que tiñan persoas queridas, ilusións, desexos, preocupacións, familia..., lembrando que tiñan rostro e que estaban vivas. Para crear o noso relato, lemos o texto coas breves noticias sobre os asasinatos de todas esas mulleres e escollemos unha delas para sermos a súa voz. Destacamos o seu nome, ou se non aparece, poñémoslle nós un nome, que será o título do relato. Logo contamos quen era, que lle gustaba, que facía, a quen amaba. Imaxinamos a súa historia, imaxinámola viva. E falamos por ela, en primeira persoa ou acompañándoa como unha voz amiga. O relato terá un mínimo de 200 palabras e un máximo de 300. Presentarase nun documento de texto (word, pdf, odt...) e enviarase ao correo equipoedlproval@gmail.com Data límite de envío: 30 de novembro. O concurso está dirixido a todo o alumnado e divídese en dúas categorías: A: 1º, 2º e 3º de ESO e 1º FPB / B: 4º de ESO, 2º FPB, bacharelato, ESA e ciclos. Haberá tres premios por cada categoría: 1º premio: 15€ /2º premio: 10€ /3º premio: 5€ Os premios entregaranse en vales para consumir na cafetaría do instituto. Organiza: Departamento de galego, Equipo de Dinamización da Lingua Galega e Equipo de Igualdade
( categories: )
As voces de XelaEnviado por iesproval o Dom, 2021-06-20 12:20
Co gallo da Semana das Letras, o noso alumnado de 1º e 2º ESO e de 4º da ESA recitou unha selección de poemas de Xela Arias dos seus poemarios Darío a diario e Tigres coma cabalos. Estas gravacións recolléronse en cinco montaxes de vídeo "As voces de Xela" que podedes ver e escoitar premendo nas estrelas da imaxe e nas que se mesturan os recitados con imaxes tiradas das súas obras e doutras publicacións, alén da música de A banda da loba. De seguro, que serán quen de vos trasmiitir, coas súas voces, toda a sensibilidade coa que a poeta compuxo os seus versos.
( categories: )
Letras Galegas con Mofa e BefaEnviado por iesproval o Sáb, 2019-05-25 09:30
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega de Proval organizou o pase no centro da obra Craneos Privilexiados de Mofa e Befa Preme na fotografía inferior para ver o álbum desta actividade ( categories: )
Celebrando os maiosEnviado por iesproval o Sáb, 2019-05-25 09:27
Un ano máis celebramos esta festa en Proval. E este foi o noso maio.... ( categories: )
Marzo lilaEnviado por iesproval o Mér, 2019-04-03 00:23
Como recordo á nosa compañeira María, “As túas ideas seguen alumeándonos”
O curso pasado, cando María aínda estaba con nós, propuxo ao EDLG, do que formaba parte, a idea de organizar un Maio Lila con actividades durante todo o mes relacionadas coa muller e o galego. María segue acompañándonos. Inspirámonos nesta súa idea para organizar o Marzo Lila coas seguintes actividades:
Actividades organizadas polo Chafarís. EDLG do IES Escolas Proval. ( categories: )
Francisco Castro en ProvalEnviado por iesproval o Sáb, 2018-12-22 02:40
Francisco Castro, escritor e director da editorial Galaxía, visitou o noso centro en decembro. Deulle unha charla ao alumnado de 1º de ESO, que leu o seu libro Chamádeme Simbad neste trimestre, na materia de Galego. O acto rematou coa sinatura de libros. Agradecémoslle a Francisco Castro que viñese compartir o seu tempo e experiencias connosco. ( categories: )
![]() |