Skip to Content

Normalización Linguística

Concurso de deseño "Castelao"

DÍA DE CASTELAO. CONCURSO DE ILUSTRACIÓN E BANDA DESEÑADA

O 30 de xaneiro é o aniversario do nacemento de Castelao. Para lembrar o escritor e debuxante convocamos un concurso de ilustración e banda deseñada inspirándonos en catro dos seus relatos.

CATEGORÍAS: 

  • A) 1º/2º/3º ESO-FPB1
  • B) 4º ESO-FPB2-BAC-CICLOS e ESA

MODALIDADES:

PREMIOS: Haberá tres premios por cada categoría.

BANDA DESEÑADA

  • 1º premio: 50 €
  • 2º premio: 20 €
  • 3º premio: 10 € 

ILUSTRACIÓN

  • 1º premio: 20 €
  • 2º premio: 10 €
  • 3º premio: 5 € 

PRAZOS E ENTREGA DOS TRABALLOS

Os traballos entregaranse ás profesoras de lingua galega ou plástica. Tamén poden enviarse ao seguinte enderezo de correo electrónico: equipoedlproval@gmail.com

A data límite de entrega é o 3 de febreiro.

  • Nos deseños pódese empregar calquera técnica segundo as preferencias do autor ou autora.
  • Os textos deberán estar en lingua galega.
  • Os premios entregaranse en vales para librarías ou para a cafetaría do instituto.

 

 

 

  

"Doulle voz ás silenciadas"

CONCURSO DE RELATOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO “DOULLE VOZ ÁS SILENCIADAS”

Trinta e sete mulleres foron asasinadas no que vai de ano polas súas parellas ou exparellas. As noticias ás veces dinnos o seu nome, ás veces non; pasan a ser un número máis, unha vítima sen rostro, sen vida. Nos nosos relatos imos honrar estas mulleres, facéndoas visibles, lembrando que tiñan persoas queridas, ilusións, desexos, preocupacións, familia..., lembrando que tiñan rostro e que estaban vivas.

Para crear o noso relato, lemos o texto coas breves noticias sobre os asasinatos de todas esas mulleres e escollemos unha delas para sermos a súa voz. Destacamos o seu nome, ou se non aparece, poñémoslle nós un nome, que será o título do relato. Logo contamos quen era, que lle gustaba, que facía, a quen amaba. Imaxinamos a súa historia, imaxinámola viva. E falamos por ela, en primeira persoa  ou acompañándoa como unha voz amiga.

O relato terá un mínimo de 200 palabras e un máximo de 300. Presentarase nun documento de texto (word, pdf, odt...) e enviarase ao correo equipoedlproval@gmail.com Data límite de envío: 30 de novembro.

O concurso está dirixido a todo o alumnado e divídese en dúas categorías: A: 1º, 2º e 3º de ESO e 1º FPB /  B: 4º de ESO, 2º FPB, bacharelato, ESA  e ciclos.

Haberá tres premios por cada categoría: 1º premio: 15€ /2º premio: 10€ /3º premio: 5€ Os premios entregaranse en vales para consumir na cafetaría do instituto.

Organiza: Departamento de galego, Equipo de Dinamización da Lingua Galega e Equipo de Igualdade

 

 

Concurso "Relatos orais do Samaín"

Xa queda pouco tempo para participardes no noso tradicional concurso de relato oral “Do Samaín ao San Martiño andan as ánimas que polo camiño” que promove o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o departamento de Galego do Proval. Hai tres premios por categoría: A (1,2,3 ESO e FPBI); B (4 ESO, FPB II, bacharelato, ESA e ciclos). Animádevos a participar cunha gravación terrorífica que non supere os tres minutos! Podes inspirarte en personaxes da nosa tradición como as ánimas da Santa Compaña, o sacaúntos, o home do saco, a bruxa chuchona, a moza da curva, a muller loba... e envía o teu relato en mp3 ao noso correo: equipodlproval@gmail.com antes do 19 de novembro. Agardamos por vós!!
 

As voces de Xela

Co gallo da Semana das Letras, o noso alumnado de 1º e 2º ESO e de 4º da ESA recitou unha selección de poemas de Xela Arias dos seus poemarios Darío a diario e Tigres coma cabalos. Estas gravacións recolléronse en cinco montaxes de vídeo "As voces de Xela" que podedes ver e escoitar premendo nas estrelas da imaxe e nas que se mesturan os recitados con imaxes tiradas das súas obras e doutras publicacións, alén da música de A banda da loba. De seguro, que serán quen de vos trasmiitir, coas súas voces, toda a sensibilidade coa que a poeta compuxo os seus versos.

Poemas gañadores do II Certame Beatriz da Serra

Xa temos os poemas gañadores do II Certame de poesía Beatriz da Serra, dirixido a todo o alumnado dos centros educativos do Val Miñor e organizado polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos institutos Escolas Proval e Terra de Turonio, e do CEIP Carlos Casares, coa colaboración dos concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar. Este ano tamén contamos co noso alumnado entre os finalistas, así que parabéns a Isis de 1º da ESO! 

O xurado estivo composto por seis docentes dos centros convocantes, cuxa acta pode consultarse na ligazón.

Os premios serán entregados o 25 de xuño nun acto poético-musical, que terá lugar ás 20:00 h. nos xardíns da Biblioteca de Baiona. 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut