Skip to Content

Normalización Linguística

Concurso de relato oral de medo

Anímate a participar no noso tradicional concurso de relato oral de medo "Do Samain ao San Martiño, andan as almas polo camiño".

Concurso organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o   departamento de Galego, coa colaboración do Equipo de dinamización da Biblioteca e Vicedirección.

Enviarase unha gravación de audio (MP3) dirixida ao correo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega: equipoedlproval@gmail.com

 Dúas categorías:

    A: 1º, 2º e 3º ESO, PDC e 1º FPB
    B: 4º ESO, 2º FPB, bacharelato, ESA e ciclos

 Tres premios por cada categoría:

    1º premio: 20€
    2º premio: 15€
    3º premio: 10€

 Alumnado gañador da edición 2023:

1º PREMIO: Mario Hermida (3º ESA)

 PREMIOS: Fabiola Martínez-Carlos Álvarez (3º ESA)

 PREMIO: Isis Acea

Parabéns a todos e todas as participantes!!!

Acto poético IV Certame de Micropoesía Beatriz da Serra

Xa temos os poemas gañadores do IV Certame de Micropoesía Beatriz da Serra, organizado polos equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros do Val Miñor: IES Escolas Proval, IES Plurilingüe Terra de Turon, CEIP Carlos Casares, CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro, CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios, IES Primeiro de Marzo e IES Val Miñor, en colaboración cos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona.

O acto de entrega dos premios terá lugar o día 15 de xuño no Auditorio de Gondomar ás 19:30 h. e contará coa actuación de Cé Orquestra Pantasma. Lembramos os premios:

  • 1º premio: dotado con dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa, unha peza cerámica conmemorativa de Antón Román e mais dez exemplares do libro do certame.
  • 2º premio: dotado con dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa e mais dez exemplares do libro do certame.

Ademais, os poemas premiados en cada unha das tres categorías serán publicados nas webs dos centros convocantes e enviados aos medios dixitais do Val Miñor. Tamén se fará unha publicación impresa, que servirá para lembrar a Beatriz da Serra e para a difusión dos traballos premiados.


Este ano cada participante debía entregar catro micropoemas en galego de temática libre; podedes consultar os poemas premiados nesta ligazón.

Parabéns a todo o alumnado participante e, en especial, ás nosas alumnas: Isis Acea (1º premio na categroia B), Lucía Argüelles Valverde (1º premio na categoria C) e Icía González Pérez (2º premio na categoria C). Boa anada de talento poético!

Homenaxe a Rosalía

Como cada 23 de febreiro, festexamos, e gozamos, do Día de Rosalía, con múltiples actos de homenaxe, tanto dentro como fóra do centro. O departamento de galego, así como os equipos de Dinamización da Lingua Galega ou da Biblioteca traballaron arreo para visibilizar a súa figura e a súa obra por todos os recunchos do centro, involucrando a toda a comunidade educativa na lembranza e recoñecemento da nosa poeta máis universal. Murais, recitados, charlas, obradoiros de manualidades desenvolvéronse ao longo de toda a semana de celebración do aniversario de Rosalía de Castro.

E este ano, ademais, recuperamos un evento ben fermoso de homenaxe poético-musical, en colaboración co IES Val Miñor, celebrado o pasado 3 de marzo no Auditorio de Nigrán, no que participaron, alén do alumnado de ambos os centros, as corais Ecos do Castelo de Parada e Novos Aires de Nigrán e o Teatro do Ar. Grazas a Pilar, a Marisa e ao concello de Nigrán. Para o ano repetiremos!

 

Alumnado ganador do concurso de relato oral

 

 CONCURSO DE RELATO ORAL. 

 Contos de medo: “Do Samaín ao san Martiño andan as almas polo camiño”

 

Xa coñecemos o alumnado gañador!!!

  • CATEGORÍA A: alumnado 1º/2º ESO e PMAR

    1º PREMIO (vale cafetería 20€) para Yago Vives Rubio (1º ESO B)

CATEGORÍA B: alumnado 3º/4º ESO, FPBÁSICA e PDC

    2º PREMIO (vale cafetería 15€) para Rita Álvarez Araújo e Isis Acea.

Parabéns polos vosos relatos e agradecemento a todas e a todos os participantes un ano máis de parte da organización!!

Equipo de Dinamización da Lingua Galega, departamento de Galego, Equipo de Dinamización da Biblioteca.

 

 

 

Poemas gañadores no III Certame Beatriz da Serra

Co gallo do Día da Poesía presentamos o III Certame de poesía Beatriz da Serra. Alégranos saber que cada vez somos máis os centros implicados neste proxecto promovido polos equipos de dinamización da lingua galega; así, nesta III edición, alén do noso insitituto, do IES Plurilingüe Terra de Turonio e do CEIP Carlos Casares, contamos tamén co IES Primeiro de Marzo, CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro, CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios, ademais da colaboración dos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona.
Este concurso de micropoesía vai dirirxido a todo o alumnado dos centros educativos do Val Miñor. Son tres as categorias:
  • A: alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria
  • B: alumnado de 1º, 2º, 3º ESO e FPB
  • C: Alumnado de 4º ESO, 1º, 2º bacharelato e ciclos formativos.

Cómpre compor un poema de entre 3 e 8 versos para poder optar aos seguintes premios por categoría:

 
1º premio: dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa, unha peza cerámica conmemorativa de Antón Román e mais dez exemplares do libro do certame.
2º premio: dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa e mais dez exemplares do libro do certame.
 
 
 
Poden ver os poemas gañadores premendo na seguinte ligazón. Noraboa a todas e todos os participantes e parabéns ás nosas alumnas por obteren a mención do xurado na categoría B:
Elena Taboada Fernández (1º ESO) co poema "Mentres o sol"Adriana Grandal Alonso (1º ESO)  co poema "A chuvia"Tania Pereira Montoya (3º ESO) co poema "Aturuxo".
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut