Skip to Content

Normalización Linguística

EXPOSICIÓN UXÍO NOVONEYRA

O equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Escolas Proval, con motivo da dedicación do Día das Letras Galegas ao autor courelán Uxío Novoneyra, organizou unha exposición arredor de textos dos diferentes universos tratados polo escritor acompañados de imaxes que recrean e axudan á visualización da escrita, como as que se xuntan a seguir.

Panel das linguas - Actividades

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística xunto co Departamento de lingua galega, levaron a cabo unha serie de actividades co Panel das linguas, que segue pendurado na entrada do centro, para os diferentes niveis e grupos de alumnado.

 

Gañadores do 1º Concurso de haikus do Val Miñor

O 21 de maio entregáronse no auditorio Lois Tobío de Gondomar os premios aos gañadores e gañadoras do 1º Concurso de haikus do Val Miñor. Neste acto contamos ademais coa presenza e actuación de Leo i Arremecaghona.

Os textos premiados, así como os que recibiron algunha mención especial, puidémolos ver no folleto que se repartiu o día do acto e que se achega a seguir.

 

Concurso de Haikus

Os equipos de Normalización e Dinamización Lingüística en colaboración cos departamentos de Lingua e Literatura Galega dos institutos Val Miñor e Escolas Proval de Nigrán e mais Terra de Turonio e Auga da Laxe de Gondomar organizan o 1º Certame de Haikus en galego do Val Miñor para o alumnado de 2º ciclo de Secundaria de ditos centros.

Novo Blogue do ENL

é o blogue que veñen de abrir os do Equipo de Normalización Lingüística. Prometen que vai ter moita actividade e que estará aberto a toda a comunidade educativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut