Skip to Content

Normalización Linguística

Francisco Castro en Proval

Francisco Castro, escritor e director da editorial Galaxía, visitou o noso centro en decembro. Deulle unha charla ao alumnado de 1º de ESO, que leu o seu libro Chamádeme Simbad neste trimestre, na materia de Galego. O acto rematou coa sinatura de libros.

 Agradecémoslle a Francisco Castro que viñese compartir o seu tempo e experiencias connosco.

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> FranciscoCastro

Saída ao Galiñeiro

 O luns 1 de outubro o alumnado de ESO e de Ciencias da Terra e Xeografía e Historia de 1º Bacharelato participaron nunha saída ao Monte Galiñeiro. Esta xornada foi organizada polo Equipo de Normalización Lingüística coa colaboración da Comunidade de Montes de Vincios. Participaron tamén os seminarios de Galego, Bioloxía, Educación Física e Xeografía e Historia.

 O obxectivo foi o coñecemento e defensa do contorno natural polo que primeiro arrincáronse os eucaliptos que agromaron de xeito invasor e incontrolado despois dos incendios do ano pasado e despois visitáronse os petróglifos de Auga da Laxe. O alumnado de 1º de Bacharelato fixo dous itinerarios encamiñados a coñecer a xeoloxía do monte e o seu patrimonio cultural.

  Seleccionando a foto inferior pódese ver o álbum completo desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> Galiñeiro

Coñecendo a depuradora de Gondomar

O alumnado de 1º de ESO visitou a depuradora de Gondomar co obxecto de aplicar os seus coñecementos sobre a depuración de augas e a contaminación das mesmas.

 Foi unha actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega no marco do Proxecto RRR, que busca a toma de conciencia das consecuencias dos nosos hábitos da vida cotiá sobre o medio natural.

  Premendo a foto inferior pode visualizarse o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> DepuradoraGondomar

Día Internacional da Muller

  En Proval celebramos o Día Internacional da Muller cunha exposición organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística.

Podedes consultar esta exposicion seleccionando a foto inferior.

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Exposición Día Internacional da Muller

Visita ao pergamiño Vindel

   O EDLG conxuntamente co Departamento de Galego organizaron a saída a Vigo, ao Museo do Mar, para visitar a exposición e actividades sobre o pergamiño Vindel. Asistiu o alumando de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato

Selecciona a fotografía inferior para ver o álbum

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Pergamiño Vindel
Distribuir contido


by Dr. Radut