Electrónica

Departamento de Electrónica: profesorado 2020-21

Enviado por iesproval o Mér, 2007-11-28 21:55

Nome

Cargo

Función

Guillermo Alfaro Martínez    Titoría 1º FPB I
Julio Aragonés Martínez   
Santiago Beltrán Bastos    Titoría 2º CFGS STI
Claudino Blanco Pereira  Titoría (A) 3º CM INS.TEL.
Javier Diz Bugarín  Titoría 1º CS MAN.ELE.
Manuel Domínguez Rodríguez  Titoría 2º CM INS.TEL. 
Martín Fanego Novo   
José Manuel Feijoo Buceta Titoría  (A) 2º CM INS.TEL. Titoría 2º FP BAS IC
Mónica Ínsua Patiño    
Roberto Martínez Álvarez  Titoría 1º FPB II   
Manuel Martínez Méndez    
María Pilar Piay Pombo  Titoría 1º/2º ESA - Responsable Programas Europeos   
Chechu Rodríguez Fernández Titoría 2º CS MAN.ELE
Fernando Rodríguez Rodríguez  Xefe de Departamento  Titoría 2º CFGM IT Adultos
Mª Cristina Sánchez González   Titoría 2º CFGS ME
Ricardo José Santos Garrido  Titoría 1º CM INS.TEL.
Mª Teresa Vila Fernández  Titoría 2º CS SI.TE.IN. 

Enlace a contidos educativos do Dpto(páxina de Carmen Currás)

Pode consultarse a programación didáctica do presente curso no enlace.

( categories: )

Proxecto de Innovación Medidor Ambiental

Enviado por javierdiz o Dom, 2021-03-28 13:43
28/03/2021
Europe/Madrid

 

Nestes últimos tempos seguro que xa oistes falar de termos como ventilación cruzada, ACH ou ppm de CO2. Desde o comezo da pandemia os científicos teñen investigado arreo sobre a propagación do coronavirus a través do aire, porén aínda falta moita información sobre o tema. Desde Proval queremos participar neste esforzo poñendo en marcha unha rede de medidores nas aulas con distintos prototipos feitos polos departamentos de Electrónica e Tecnoloxía, coa colaboración do departamento de Física e Química para a definición de protocolos e análise de resultados. Estamos traballando en prototipos conectados á rede, illados, con pantalla ou sen ela, que miden varios parámetros como dióxido de carbono, temperatura, humidade ou luz ambiente, con alarma vía web e incluso que envían información por Telegram. O alumnado tamén participa no deseño e montaxe dos prototipos e no estudo da información recollida.

Hai poucos días a Consellería concedeunos un Proxecto de Innovación no que temos como socios á empresa Hermes Smart Control e o IES Val Miñor, aos que queremos agradecer a súa participación xa que sen eles un proxecto colaborativo como éste non sería posible. O IES Proval actuará como centro de desenvolvemento e ensaios, a empresa creará o seus propios medidores e explorará a viabilidade comercial do sistema e o Val Miñor aportará traballos previos e tamén servirá de centro de ensaios. A concesión do proxecto e o orzamento asociado permitirá mellorar o sistema, estender a rede de medida e facer actividades de divulgación.

Os primeiros medidores xa están en funcionamento e os datos poden consultarse na web: http://codos.meteoproval.es

 

 medidor2medidor1

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

( categories: )

Trucos de megafonía persoal

Enviado por javierdiz o Lun, 2020-11-16 13:49

Aí van uns cantos trucos para amplificar a voz nas aulas

sen necesidade de material profesional usando un pc,

unha radio fm ou un altavoz bluetooth:

 

Sistemas de megafonia_persoal.pdf 

                                                            foto
( categories: )

Ceide

Enviado por iesproval o Mar, 2020-01-07 16:03

 

Ceide, os compañeiros de Electrónica,

que compartimos tantos momentos contigo, non

esquecemos a túa humanidade, a túa dispoñibilidade

para axudar e o teu compromiso

co departamento e co centro.

 

Ceide, o teu recordo sempre estará presente entre nós

e xa forma parte da historia de Proval.

( categories: )

Árbore electrónica

Enviado por iesproval o Ven, 2019-12-20 02:08

Quen dixo que a decoración de Nadal non podía ser sustentable?

Logo de gañaren hai uns días o concurso galego de robótica, esta mañán o equipo de electrónica volveu sorprendernos cunha marabillosa árbore navideña, acompañada dunha orixinal sagrada familia, elaboradas con materiais de refugallo, como cables vellos de antenas, restos de televisores de tubo, anacos de circuítos integrados, condensadores... Habilidade e creatividade para elaborar este verdadeira obra de arte!

Sen dúbida, decoración enxeñosa e respectuosa co medio, conforme ás premisas que leva anos tentando inculcar na comunidade educativa o noso equipo RRR (Recursos-Residuos,-Responsabilidade).

Grazas e parabéns a José Carlos García e ao seu alumnado polo seu traballo e compromiso!

Álbum: Actividades Curso 2019-2020 -> ArboreNadal

Competición de Robots

Enviado por iesproval o Lun, 2019-04-29 11:00

Alumnado de 1º de Mantemento Electrónico e da materia de Robótica de Bacharelato participaron o venres 26 de abril na IV Competicións de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.

Seleccionando a foto inferior pode verse o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> ConcursoRoboticaEEI

Museo didáctico das Telecomunicacións

Enviado por iesproval o Ven, 2019-03-22 01:08

 Álbum da visita ao Museo Didáctico das Telecomunicacións e Central Telefónica de Montiño (A Coruña) do alumnado de 2º Mantemento Electrónico, 2º Instalacións de Telecomunicacións (ordinario) e de Sistemas de Telecomunicación e Informáticos

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> Muditel

Novo circuito sigueliñas de Robótica

Enviado por iesproval o Sáb, 2018-12-22 12:45

  O alumnado de Bacharelato da materia de Robótica xa está a empregar o novo circuito de probas para as prácticas da aula e para preparase de cara os diferentes concursos (Lego, Universidade de Vigo) no que participan tódolos anos e nos que obtiveron importantes logros.

( categories: )

Proval na Regata Solar 2018

Enviado por iesproval o Dom, 2018-06-17 14:45

  Os alumnos do ciclo superior de Mantemento electrónico participaron na terceira edición da Regata Solar que se desenvolveu o sábado 23 de xuño en Baiona baixo o patrocinio de Marine Instruments.

  Seleccionando a foto inferior pódese ver o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> RegataSolar2018

Premio de Innovación a OlloSip de Proval

Enviado por iesproval o Mar, 2018-05-29 14:30

  Ollosip, proxecto coordinado polos profesores Carmen Currás e Fernando Rodríguez e desenvolto nas aulas como froito da colaboración entre o IES Escolas Proval e o IES Ricardo Mella de Vigo, ven de acadar un dos premios a Proxectos de Innovación da Consellería de Educación.

  Ollosip é un sistema que integra videovixiancia, control de accesos ou voz IP, entre outras prestacións e está desenvolto totalmente nos centros participantes en base a unha Raspberry Pi. Acaba de ser presentado na edición de Expelectrónica celebrada o 28 de maio no noso IES

  Así recolle a prensa este premio:

Distribuir contido