Skip to Content

Electrónica

Finalistas do 8º Consurso galego de Robótica

  Parabéns aos alumnos Sergio Prado, Iago Pena e Juan Martínez de 1º de Bacharelato e ao seu profesor Ricardo Santos, segundos clasificados e finalistas condicionados na primeira semana de actividade desta edición do Obradoiro-Concurso de Robótica 2016.

A videorockola de Proval, Premio Nacional de Innovación

  Os profesores do Departamento de Electrónica Carmen Currás  e Fernando Rodríguez, responsables do proxecto Videorockola, veñen de recibir en Madrid o Premio Nacional de Calidad e Innovación en FP. O acto de entrega celebrouse na Biblioteca Nacional e foi presidido polo ministro de Educación, Íñigo Martínez de Vigo.

 Pódese consultar máis información no seguinte enlace da Consellería, do Ministerio e de prensa. Tamén hai dispoñible unha galería de fotos do evento.

 

A videorockola de Proval, Premio Nacional de Innovación

A videorockola, un proxecto desenvolvido polo alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Mantemento Electrónico baixo a coordinación dos profesores Carmen Currás e Fernando Rodríguez, acaba de recibir un 3º Premio á Calidade e Innovación en Orientación e Formación Profesional

  Noraboa aos premiados!!

   Pode consultarse a resolución no BOE aquí e información de prensa aquí.

ExpoElectrónica Proval (3 de Xuño)

ExpoElectrónica Proval é unha xornada de portas abertas onde podes ver os proxectos que se desenvolven nos ciclos formativos de Electrónica  do IES Escolas Proval.

A xornada está especialmente organizada para pais, fillos e calquera familiar ou amigo que queira coñecer o tipo de formación que se imparte no centro. Da man dos propios profesores e alumnos, coñecerás todas as vantaxes profesionais que ofrecen os nosos ciclos de FP aos alumnos.

 ExpoElectrónica Proval

Mais imaxes clicando aquí

Enlaces a reseñas en xornáis:

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

Expoelectrónica Proval 2014

O luns 2 de Xuño de 2014 celebramos a segunda xornada de portas abertas "Expoelectrónica Proval" organizada polo Departamento de Electrónica do IES Escolas Proval. Nela os profesores e os alumnos dos ciclos formativos de grao medio de "Instalacións de Telecomunicación" e de grao superior de "Mantemento electrónico" amosarán proxectos desenvolvidos no centro.

Ver nota de prensa do Faro de Vigo

Ver galería de fotos de Faro de Vigo

Expoelectrónica Proval 2014

Distribuir contido


by Dr. Radut