Skip to Content

Electrónica

Entrevista a Manuel Martínez

O Xefe de Departamento de Electrónica fala do premio a "Expoelectrónica Proval 2013" no programa "A tarde" da Radio Galega.


6:16 minutes (5.75 MB)

O IES Escolas Proval: premio por un proxecto de innovación tecnolóxica desenvolvido durante o curso escolar 2012-2013

O IES Escolas Proval foi merecedor dun premio por valor de 10.000 € na convocatoria realizada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios a proxectos de innovación tecnolóxica desenvolvidos durante o curso escolar 2012-2013 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional. O proxecto premiado foi a exposición Expoelectrónica Proval: Un proxecto colaborativo de innovación e difusión para os novos ciclos de electrónica, realizada no terceiro trimestre do pasado curso. Parabéns da comunidade educativa do IES Escolas  Proval aos alumnos e profesorado do Departamento de Electrónica polo éxito do traballo desenvolvido.

No Faro de Vigo do pasado 6 de xaneiro aparece unha reseña do resultado da convocatoria, na que, xunto co noso, resultaron premiados outros oito centros galegos.

 Expoelectrónica Proval 2013

 

 

Expoelectrónica Proval 2013

Cartel Expoelectrónica Proval 2013

Por primeira vez no IES Escolas Proval vaise celebrar unha exposición dos proxectos realizados polos alumnos dos ciclos formativos de Electrónica ao longo do curso. A xornada de portas abertas pretende mostrar a toda a comunidade educativa e aos habitantes do Val Miñor tanto as instalacións do centro coma os traballos realizados polo noso alumnado.

Tamén teremos unha demostración de equipos de DJ con:

  • DJ Luis Vázquez (creador de temas como: "Dime que me quieres", "Y te vas" ou "Siento tu calor")
  • DJ Mesu (Grupo Queen)

A entrada é libre e gratuita.

O programa pode verse no arquivo adxunto:

Proxectos realizados polos alumnos de ELECTRÓNICA do CS1 DPE utilizando o robot comercial Moway

Proxectos realizados polos alumnos de primeiro curso do ciclo
superior de Desenvolvemento de Productos Electrónicos utilizando o robot comercial Moway:

Distribuir contido


by Dr. Radut