EventosIniciar sesión |
EDLGFesta da Candeloria: 2 de febreiroEnviado por iesproval o Lun, 2023-01-30 21:00
Na categoría A outorgáronse dous 1º PREMIOS para ENOLA FERNÁNDEZ PENELA e ADRIANA GRANDAL ALONSO; dous 2º PREMIOS para PABLO RODRÍGUEZ ALAMEDA e RHAYLLA PEREIRA SILVA; e sete 3º PREMIOS para MARCO CONDE FRANCISCO, SIMÓN PORTO COVELO, LARA CARNEIRO CONDE, JAVIER RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, BRAIS RODRÍGUEZ FIGUEROA, LARA LONGRES COMESAÑA e JULIA SENRA FERNÁNDEZ. Na categoría B dúas foron as gañadoras: 1º PREMIO para ISIS ACEA e 2º PREMIO para CARLA SALGUEIRO DIEGO. Parabéns pola vosa creatividade e grazas a todo o alumnado participante na nosa tradicional voda dos paxariños! Agardámovos o febreiro que vén! ( categories: )
Poemas gañadores no III Certame Beatriz da SerraEnviado por iesproval o Lun, 2022-06-13 23:45
Co gallo do Día da Poesía presentamos o III Certame de poesía Beatriz da Serra. Alégranos saber que cada vez somos máis os centros implicados neste proxecto promovido polos equipos de dinamización da lingua galega; así, nesta III edición, alén do noso insitituto, do IES Plurilingüe Terra de Turonio e do CEIP Carlos Casares, contamos tamén co IES Primeiro de Marzo, CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro, CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios, ademais da colaboración dos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona.
![]() Este concurso de micropoesía vai dirirxido a todo o alumnado dos centros educativos do Val Miñor. Son tres as categorias:
Cómpre compor un poema de entre 3 e 8 versos para poder optar aos seguintes premios por categoría: ![]() 1º premio: dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa, unha peza cerámica conmemorativa de Antón Román e mais dez exemplares do libro do certame.
2º premio: dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa e mais dez exemplares do libro do certame.
Poden ver os poemas gañadores premendo na seguinte ligazón. Noraboa a todas e todos os participantes e parabéns ás nosas alumnas por obteren a mención do xurado na categoría B:
Elena Taboada Fernández (1º ESO) co poema "Mentres o sol"; Adriana Grandal Alonso (1º ESO) co poema "A chuvia" e Tania Pereira Montoya (3º ESO) co poema "Aturuxo".
( categories: )
Concurso de deseño "Castelao"Enviado por iesproval o Xov, 2022-01-20 12:33
DÍA DE CASTELAO. CONCURSO DE ILUSTRACIÓN E BANDA DESEÑADA O 30 de xaneiro é o aniversario do nacemento de Castelao. Para lembrar o escritor e debuxante convocamos un concurso de ilustración e banda deseñada inspirándonos en catro dos seus relatos. CATEGORÍAS:
MODALIDADES:
PREMIOS: Haberá tres premios por cada categoría. BANDA DESEÑADA
ILUSTRACIÓN
PRAZOS E ENTREGA DOS TRABALLOS Os traballos entregaranse ás profesoras de lingua galega ou plástica. Tamén poden enviarse ao seguinte enderezo de correo electrónico: equipoedlproval@gmail.com A data límite de entrega é o 3 de febreiro.
( categories: )
![]() |