Skip to Content

V Certame de micropoemas Beatriz da Serra

Os equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros do Val Miñor: IES Escolas Proval (Nigrán), IES Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar), CEIP Carlos Casares (Nigrán) CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios (Nigrán), IES Primeiro de Marzo (Baiona) e IES Val Miñor (Nigrán), en colaboración cos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona, convocan por quinto ano consecutivo o V Certame de Micropoemas Beatriz da Serra, dirixido a todo o alumnado dos centros educativos do Val Miñor. 

 CATEGORÍAS:

  • a) alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria
  • b) alumnado de 1º, 2º, 3º ESO, PDC e FP Básica 
  • c) alumnado de 4º ESO, bacharelato, ESA e ciclos formativos

 BASES:

Os poemas presentados deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, e estarán escritos en lingua galega. Cada participante presentará catro poemas, cunha extensión mínima de 3 versos e máxima de 8 cada un, que se enviarán ao correo: poesiaminhora@gmail.com ata o 17 de maio ás 23:59 horas.

O envío incluirá dous documentos escritos en Arial 12, en formato PDF. Nun irán os poemas presentados, que deberán conter título ou lema. Noutro, figurarán o título da obra presentada e os datos persoais da autora ou autor (nome, apelidos, idade, curso, centro de estudos, teléfono de contacto, e enderezo postal).

 Os poemas premiados publicaranse nas webs dos centros convocantes e enviaranse aos medios dixitais do Val Miñor. Tamén se fará unha publicación impresa, que servirá para lembrarmos a figura de Beatriz da Serra -a baionesa que se carteou en galego co Conde de Gondomar- e para a difusión dos poemas premiados.

PREMIOS:

1º premio: dotado con dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa, unha peza cerámica conmemorativa de Antón Román e mais dez exemplares do libro do certame.

2º premio: dotado con dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa e mais dez exemplares do libro do certame.

O fallo do xurado farase público nas webs dos centros organizadores na semana seguinte ao peche do certame. Os premios serán entregados nun acto poético organizado polos centros convocantes. Máis información sobre as bases do certame na ligazón

Anímadeos a participar! Agardamos pola vosa creatividade!



book | by Dr. Radut