Iniciar sesión |
Benvida á web do IES Escolas ProvalEnviado por iesproval o Sáb, 2020-04-25 09:00
Avda. Portugal, 171 / CP 36350, Nigrán (Pontevedra). Tlf.: 886 11 03 69 Fax: 886 11 03 74 ies.escolas.proval@edu.xunta.galgalgal ESO-EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS-BACHARELATO CICLOS FORMATIVOS ADMINISTRATIVO E ELECTRÓNICA DIÚRNO-NOCTURNO, PRÁCTICAS EN EMPRESAS, PROGRAMAS EUROPEOS ERASMUS+ Vacantes ESO-BACHARELATO (curso 2021-22)Enviado por iesproval o Lun, 2021-03-01 09:10
Velaquí a oferta de prazas vacantes de ESO e BACHARELATO para o curso 2021-22:
*Necesidades específicas de apoio educativo (artigo 3.2 da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación).
*Publicación no taboleiro de anuncios e web do centro antes do 1 de marzo en cumprimento ao artigo 3.4 da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Admisión alumnado ESO-BACHARELATO (curso 2021-22)Enviado por iesproval o Sáb, 2021-02-27 19:22
O alumnado e/ou as familias que desexen obter unha praza de ESO ou BACHARELATO para o curso 2021-22 nun centro distinto daquel en que estea matriculado este curso poderá presentar unha única soliciude da seguinte forma:
DOCUMENTACIÓN
Información CoronavirusEnviado por iesproval o Mar, 2021-02-23 15:16
Estimadas familias: Para calquera información que nos queiran transmitir relacionada coa COVID-19, rogamos que se poñan en contacto con nós a través do número de móbil 681200817 (preferiblemente) ou do número 886110365. O resto dos documentos relacionados poden visualizalos na parte ssuperior esquerda desta páxina. Lembren realizar diariamente antes de saír da casa a “Enquisa de autoavaliación” para comprobar se teñen algún síntoma da covid-19. No caso de telo, cómpre ficar na casa, pórse en contacto co EquipoCovid do instituto (nos números abaixo indicados) para comunicar a ausencia e, sobre todo, chamar ao centro de saúde correspondente parar falar directamente co/a pediatra (antes dos 15 anos) ou médico de cabeceira. Grazas, EquipoCovid do Proval. ( categories: )
Premios de Entroido, de Castelao e da CandeloriaEnviado por iesproval o Lun, 2021-02-22 22:24
Xa coñecemos as e os premiadxs das coplas de amor da Candeloria, do Día de Castelao e do concurso de disfraces e comparsas de Entroido. Mañá na biblioteca, durante o segundo recreo, agasallaremos o alumnado gañador, entre o que incluímos as nosas presentadoras de 2 ESO (Clara, Tania, Lucía, Carmen, Jimena, Dessiré, Nasya e África) e os mellores DJs do Proval (Raúl, Alexander e Víctor). Parabéns a todxs os participantes e colaboradores!!
Probas de acceso a ciclos formativosEnviado por iesproval o Dom, 2021-02-21 16:59
Aberto o prazo de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional para a convocatoria 2021.
![]() Inscrición para as probas:
GRAO SUPERIOR:
GRAO MEDIO:
AVISO: Para garantir a confidencialidade dos datos persoais, nas listaxes aparecerá un CÓDIGO PERSOAL DE CONSULTA (CPC). Para obtelo, debe ir á aplicación de "ciclos probas" e escoller a opción "Ver código persoal de consulta"; na pantalla que aparece a continuación haberá que escribir o número do DNI/NIE ou pasaporte (en maiúscula) e premer "buscar". E, para consultar o estado da solicitud presentada, deben premer "consultar solicitudes do ano actual" Máis información: DOG do 9-2-2021 e calendario con todas as probas
Entroido ProvalEnviado por iesproval o Lun, 2021-02-15 16:32
Logo dunha semana quentando motores coas coplas de amor e as normas do Meco-Escornavirus, chegou por fin o día do desfile de entroido; este ano con máis restricións pero coas mesmas ganas de pasalo ben!!
( categories: )
Escape room: O esconxuroEnviado por iesproval o Lun, 2021-02-15 16:26
Entre disfraces e desfiles, as emocións fortes chegaron ao Proval á cargo de Territorio Comanche. O noso alumnado de 4 ESO veuse na obriga de escapar en 90 minutos dunha terrible maldición resolvendo diferentes probas (xogos, crebacabezas, enigmas, adiviñas) con enxeño e traballo en equipo para descubrir o “esconxuro máxico”. Experiencia de aprendizaxe divertida e intensa para unha mañá de entroido!
( categories: )
Festa do EntroidoEnviado por iesproval o Mér, 2021-01-27 16:11
“Esta semana que entra,
temos festa divertida,
pero cunha condición:
has facer o que eu che diga"
Neste mes farturento en celebracións, seguimos rendéndolle culto ás nosas tradicións coa festa do Entroido. A semana que vén cumpriremos de boa fe as leis do Meco, segundo marca o ritual... porque como di o refrán “No tempo do Carnaval, ningunha cousa está mal” Arracamos cun zapato de cada cor, continuaremos con saias, logo adornaremos a cabeza co complemento que nos apeteza, a seguir acudiremos quentiños en pixama e finalmente chegará a festa de entroido do venres 12 de febreiro na que participaremos co noso disfrace máis orixinal! Por certo, moitas grazas ás nosas artistas de 2º ESO por esta fabulosa cartelería!
Animádevos a participar porque haberá concurso en dúas modalidades -disfrace individual e comparsas (máximo 6 compoñentes e do mesmo curso)- e en dúas categorías: a) 1º/2º/3º ESO e FPB1
b) resto do alumnado
Daremos tres premios por categoría, que se entregarán en vales para a cafetería. Valorarase a orixinalidade do disfrace, a elaboración propia e a posta en escena (desfile, humor, coreografía, cantos, bailes...). Tamén colocaremos no vestíbulo un rechamante photocall para que vos quede unha lembranza inolvidable deste atípico entroido!
IMPORTANTE: Cómpre inscribirse antes do mércores 10 de febreiro cubrindo unha ficha e vir cos disfraces postos da casa. Así mesmo, para mantermos o protocolo sanitario e evitar aglomeracións, haberá desfiles programados por niveis en horas diferentes.
Máis información neste enlace.
GIRA Jóvenes "Impulsando el cambio"Enviado por iesproval o Mér, 2021-01-27 00:40
Este curso quince alumnos de 1º CM de Xestión Administrativa están participando no proxecto GIRA Jóvenes “Impulsando el cambio”, promovido por Coca-Cola co apoio de AlmaNatura. Este proxecto de capacitación persoal e profesional, dirixido a estudantes de Formación Profesional, de entre 16 e 26 anos, pretende mellorar as súas competencias, de maneira que adquiran habilidades para o traballo e a vida en xeral, impusando o seu papel como axentes do cambio en contornos como o Val Miñor. Na segunda etapa do programa "Inspirar", o grupo creou o proxecto #Palmeirasverdes para atraer o turismo, fomentar o coidado das praias, mellorar a apoiar o comercio local, e promover a inclusión da mocidade na actividade económica local, implicándose coa adminsitración pública, empresas e a poboación miñorá de cara á mellora da contorna. Velaquí algunhas das súas propostas:
Recensión en xornais: telemariñastv, valmiñortv, atlántico... ![]() |
Eventos
|