Iniciar sesión |
"Doulle voz ás silenciadas"Enviado por iesproval o Dom, 2020-12-13 14:29
Como cada 25 de novembro, polo Día contra a violencia de xénero, desde o Equipo de Igualdade do Proval realizamos diversas actividades de concienciación encamiñadas a lembrar a figura de tantas mulleres vítimas de violencia machista. Este ano decidimos "darlle voz ás silenciadas" recreando as súas biografías en forma de relatos, tanto escritos como gravados. Agradecemos enormemente a alta participación do nso alumando en todas as modalidades, e animámosvos a ler os relatos gañadores premendo no enlace. Alumnado de ciclos FP admitido na Convocatoria Erasmus+Enviado por iesproval o Mar, 2020-12-01 19:49
Publicadas as listas de alumnado de ciclos medios e de ciclos superiores admitidos na Convocatoria Erasmus+ para a realización de prácticas en empresas europeas. 25 DE NOVEMBROEnviado por iesproval o Lun, 2020-11-23 16:52
Como cada 25 de novembro, polo "Día contra a violencia de xénero", desde o Equipo de Igualdade do Proval promovemos diversas actividades co fin de concienciar a comunidade educativa e, asemade, visibilizar a realidade de moitas mulleres que o machismo deu en silenciar. É, por iso, que a nosa proposta deste ano leva por título "Doulle voz ás silenciadas" e consiste na elaboración dun relato escrito (200-250 palabras) -ou en formato de audio ou vídeo (cunha duración máxima de 3 minutos)- que complete a historia vital dalgunha das vítimas da violencia de xénero que podedes consultar no enlace. Nesta actividade pode participar todo o alumnado do centro en tres categorías diferentes: a) 1º/2º ESO; b) 3º/4º ESO/FPB; c) Bacharelato, ciclos e ESA. Enviade as vosas creacións ao correo igualdadeproval@gmail.com antes do 30 de novembro e dádelle voz ás silenciadas!
Protocolos de actuación despois de realizar o test CovidEnviado por iesproval o Lun, 2020-11-23 00:41
Protocolo dispoñible neste enlace ( categories: )
Distribución de máscaras entre o alumnadoEnviado por iesproval o Mar, 2020-11-17 12:13
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado nos niveis de ensino obrigatorio e educación especial. Beneficiarios: 1. O alumnado ao que se lle condeceu a axuda para adquirir material escolar no curso 20/21 (non necesita facer solicitude, pois o centro xa lle asigna as máscaras directamente no prazo establecido). Prazo para de solicitude: Do 16 ao 27 de novembro (Secretaría do centro 9:00-14:00 h.) Procedemento: 1. Descargar e cubrir o impreso de solicitude (Anexo I) e entregalo no centro (tamén poden recollelo en papel no centro). IMPORTANTE: O centro comezará coa repartición de máscaras a partir do día 27 de novembro directamente entre os beneficiarios da axuda de material escolar; o restante alumnado solicitante terá que agardar á resolución da Xunta. ( categories: )
Concurso "Contos do Samaín"Enviado por iesproval o Ven, 2020-11-13 22:36
Este venres 13 entregamos os premios do concurso “Contos do medo: Do Samaín ao San Martiño andan as ánimas polo camiño”, organizado polo noso Equipo de Dinaminación Lingüística. Valaquí os gañadores/as:
Primeira categoría (1-2 ESO): na modalidade de relatos, Marco Casas con “O libro encantado”, Hernán Bruno con “A casa embruxada” e Noelia Carro con “A matanza”; e nas modalidades de audio e vídeo, Jorge Conde con “Para morrer” e Isis Acea con “Unha aparición da Santa Compaña”.
Segunda categoría (3-4 ESO e FPB): Noa Pazos con “Campamento terrorífico”,
Terceira categoría (bacharelato, ciclos e ESA): Diego Rodríguez con “Presaxio da desgraza” e Sergio Gil con “A revelación”.
Parabéns aos premiados/as e moitas grazas a todos os participantes por irdes sementado o medo… con tanta creatividade!
Erasmus+ en DiverLanhosoEnviado por iesproval o Ven, 2020-11-06 19:06
A nosa alumna Rosa Iglesias, do ciclo medio de Xestión administrativa en oferta modular, está realizando o módulo de FCT cunha bolsa de mobilidade Erasmus+ en DiverLanhoso, un parque de aventuras (senderismo, escalada, tirolina, rafting, paintball...), preto do Parque Nacional Peneda Gerês. Aprendizaxe e diversión inesquecible alén Miño! ( categories: )
Concurso "Contos do Samaín"Enviado por iesproval o Sáb, 2020-10-31 16:39
Animádevos a participar no “Concurso de contos do Samaín” organizado polo Equipo de Dinamización da lingua galega do Proval. Podedes escribir un relato de medo, gravar un vídeo ou un audio e enviárnolo ao enderezo “equipoedlproval@gmail.com”. Hai tres categorias: a) 1-2 ESO; b) 3-4 ESO e FPB; c) bacharelato, ciclos e ESA. Valorarse a creativadade, orixinalidade e calidade das creacións. Lembrade que tedes de prazo até o 9 de novembro. Sorte!
Día non lectivo: 2 de novembroEnviado por iesproval o Sáb, 2020-10-31 10:13
Informamos á comunidade educativa de que o próximo luns o centro estará pechado e non haberá clases. Convocatoria de bolsas Erasmus+ para Ciclos Medios e Superiores de FP (outubro, 2020)Enviado por iesproval o Lun, 2020-10-26 00:51
Convocadas as bolsas para mobilidades Erasmus + de alumnado de ciclos medios e superiores de FP. Prazo de solicitude ata o 16 de novembro. Consulta toda a información neste enlace.
![]() |
Eventos
|