Matrícula ESO e BACHARELATO 2024-25
As datas oficiais para efectuar a matrícula do curso 2024-25 de ESO e BACHARELATO son do 23 de xuño ao 7 de xullo. Con todo, para axilizar o labor administrativo, e non teren que agardar esperas, solicitámoslles ás familias que entreguen a matrícula nos días de MATRÍCULA PREFERENTE que figuran na seguinte táboa, na que, ademais, poden consultar toda a documentación necesaria. Lembren que dita documentación deben entregala na Secretaría do centro, traéndoa cuberta xa da casa (poden descargar os impresos directamente da web) ou, no seu defecto, colléndoa e cubríndoa directamente no momento de realizaren a matrícula. Ademais, se teñen calquera dúbida respecto á elección de materias ou itinerarios, non dubiden en chamarnos ao número 886110369 ou no 886110370.
AVISO: As familias que entreguen máis dunha matrícula poderán facelo calquera dos días que lle corresponde.
NIVEIS E DATAS MATRÍCULA |
DOCUMENTACIÓN PARA MATRÍCULA |
1º ESO (Centros adscritos) (25 de xuño) |
|
2º ESO (5 de xullo) |
|
3º ESO (4 de xullo) |
|
4º ESO (2 de xullo) |
|
1º BACHARELATO (1 de xullo) |
|
2º BACHARELATO (28 de xuño) |
O alumnado de bacharelato e ciclos poderá presentar solicitude de autorización do uso do transporte escolar gratuíto presentando no centro a seguinte solicitude. Pars comprobar as liñas de transporte que chegan a este centro, así como as paradas de cada traxecto, prema nestoutra ligazón.