Iniciar sesión |
Escape room: O esconxuroEnviado por iesproval o Lun, 2021-02-15 17:26
Entre disfraces e desfiles, as emocións fortes chegaron ao Proval á cargo de Territorio Comanche. O noso alumnado de 4 ESO veuse na obriga de escapar en 90 minutos dunha terrible maldición resolvendo diferentes probas (xogos, crebacabezas, enigmas, adiviñas) con enxeño e traballo en equipo para descubrir o “esconxuro máxico”. Experiencia de aprendizaxe divertida e intensa para unha mañá de entroido!
( categories: )
Festa do EntroidoEnviado por iesproval o Mér, 2021-01-27 17:11
“Esta semana que entra,
temos festa divertida,
pero cunha condición:
has facer o que eu che diga"
Neste mes farturento en celebracións, seguimos rendéndolle culto ás nosas tradicións coa festa do Entroido. A semana que vén cumpriremos de boa fe as leis do Meco, segundo marca o ritual... porque como di o refrán “No tempo do Carnaval, ningunha cousa está mal” Arracamos cun zapato de cada cor, continuaremos con saias, logo adornaremos a cabeza co complemento que nos apeteza, a seguir acudiremos quentiños en pixama e finalmente chegará a festa de entroido do venres 12 de febreiro na que participaremos co noso disfrace máis orixinal! Por certo, moitas grazas ás nosas artistas de 2º ESO por esta fabulosa cartelería!
Animádevos a participar porque haberá concurso en dúas modalidades -disfrace individual e comparsas (máximo 6 compoñentes e do mesmo curso)- e en dúas categorías: a) 1º/2º/3º ESO e FPB1
b) resto do alumnado
Daremos tres premios por categoría, que se entregarán en vales para a cafetería. Valorarase a orixinalidade do disfrace, a elaboración propia e a posta en escena (desfile, humor, coreografía, cantos, bailes...). Tamén colocaremos no vestíbulo un rechamante photocall para que vos quede unha lembranza inolvidable deste atípico entroido!
IMPORTANTE: Cómpre inscribirse antes do mércores 10 de febreiro cubrindo unha ficha e vir cos disfraces postos da casa. Así mesmo, para mantermos o protocolo sanitario e evitar aglomeracións, haberá desfiles programados por niveis en horas diferentes.
Máis información neste enlace.
GIRA Jóvenes "Impulsando el cambio"Enviado por iesproval o Mér, 2021-01-27 01:40
Este curso quince alumnos de 1º CM de Xestión Administrativa están participando no proxecto GIRA Jóvenes “Impulsando el cambio”, promovido por Coca-Cola co apoio de AlmaNatura. Este proxecto de capacitación persoal e profesional, dirixido a estudantes de Formación Profesional, de entre 16 e 26 anos, pretende mellorar as súas competencias, de maneira que adquiran habilidades para o traballo e a vida en xeral, impusando o seu papel como axentes do cambio en contornos como o Val Miñor. Na segunda etapa do programa "Inspirar", o grupo creou o proxecto #Palmeirasverdes para atraer o turismo, fomentar o coidado das praias, mellorar a apoiar o comercio local, e promover a inclusión da mocidade na actividade económica local, implicándose coa adminsitración pública, empresas e a poboación miñorá de cara á mellora da contorna. Velaquí algunhas das súas propostas:
Recensión en xornais: telemariñastv, valmiñortv, atlántico... Premios Castelao 2021Enviado por iesproval o Mar, 2021-01-26 21:55
30 de xaneiro DÍA DE CASTELAO, DÍA DA ILUSTRACIÓN, DÍA DA PAZ
O venres xuntouse o xurado do concurso do debuxo polo Día de Castelao organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega "O Chafarís" e, logo de moito deliberar, acordou premiar os seguintes traballos de banda deseñada, ilustración e viñetas (podedes premer en cada imaxe para ampliala):
Festa da CandeloriaEnviado por iesproval o Mar, 2021-01-26 14:38
Achégase febreiro, o mes do entroido, da benvida á primavera e, como non, do amor; así que, como todos os anos, celebraremos a nosa festa da Candeloria, a voda dos paxariños!
![]() cunha chave para o abrir,
nin eu teño máis que darche,
nin ti máis que me pedir”
Fagamos un pouco de historia... O 2 de febreiro é o verdadeiro día do AMOR, a Candeloria. Na cultura popular galega, a tradición simboliza nese día a festa do amor e do apareamento en todo o reino animal, terminan as xaneiras e seica os paxariños casan. Antano os mozos deixaban unha notiña de amor na soleira da súa namorada e as mozas bordaban un paniño con coplas que se ofrecían ao seu amor. Este costume aínda se conserva no norte de Portugal nos “lenços dos namorados”. Ademais, na Candeloria tamén se lle dá a benvida á primavera, como reflicten os nosos refráns:
Día da Candelora, inverno fóra. Se chove ou venta, aínda entra. Que a Candeloria chore, que deixe de chorar, metade do inverno está por pasar. Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega "O Chafarís" queremos recuperar os vellos e belos costumes, así que a caixa da Candeloria do vestíbulo agardará con devezo as vosas achegas desde o 2 ao 12 de febreiro. Escribe cantas mensxes de amor queiras, en catro versos seguindo o modelo das nosas coplas populares, e indicando o teu nome e curso. Haberá premios para as mellores coplas; anímate e participa!
Agradecemento ADOSEnviado por iesproval o Mar, 2021-01-26 14:07
A Axencia de doazón de órganos e sangue (ADOS) enviounos un comunicado de agradecemento pola colaboración de toda a comunidade educativa do Proval na campaña de recollida de sangue que tivo lugar o pasado 19 de xaneiro. A unidade móbil leva acudindo desde o 1995 cun total xa de 1065 doazóns nesta iniciativa solidaria e esta semana pasada conseguiron 36 doazóns; grazas, en especial, ás 13 persoas que doaron por primeira vez porque, coa súa axuda, obtivéronse glóbulos vermellos para 18 intervencións cirúrxicas ou para 3 transplantes de órganos e tamén plaquetas para axudar a 7 doentes a loitar contra o cancro ou a leucemia. Orgullosos novamente do noso alumnado que doando o seu sangue permitieron a moitos enfermos recuperaren a súa saúde! Semana da froitaEnviado por iesproval o Sáb, 2021-01-23 14:09
Como cada ano, o noso centro participa no programa de froita na escola do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) que tenta potenciar hábitos de vida saudable no alumnado da ESO, como é o consumo de froita fresca. Así que, a partir do próximo luns 25 de xaneiro e até o venres 5 de febreiro, distribuiremos -con todas as medidas de seguridade por mor da Covid- pezas de froita nos segundos recreos. A segunda quenda de reparto será xa do 10 ao 21 de maio. Comezaremos con mandarinas e mazás e seguiremos con laranxas, peras, plátanos... Lembrade que froita é saúde!
Doazón de sangueEnviado por iesproval o Mér, 2021-01-13 19:15
O próximo martes 19 de xaneiro, en horario de mañá (10:00-14:30) e tarde (16:30-21:00 h), a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) instalará unha unidade móbil de recollida de sangue no noso instituto. Así que, se es maior de idade e pesas máis de 50 quilos, anímate a doar un chisco do teu sangue de forma segura! Máis información en: ados.sergas.gal ou no teléfono 900100828.
![]() Matrícula ESA e convocatoria final ordinariaEnviado por iesproval o Lun, 2021-01-11 17:49
MATRÍCULA PARA O 4º TRIMESTRE EN 2º E 4º ESA: Prazo da matrícula: do 11 ao 19 de xaneiro. Presentación e incio do curso: 8 de febreiro ás 18:30 h. EXAMES CONVOCATORIA FINAL ORDINARIA. 1º CUADRIMESTRE 2020-2021:
Proceso de admisión 2021-22Enviado por iesproval o Xov, 2021-01-07 13:03
O próximo luns dará comezo o procedemento de admisión do alumnado que cambia de etapa. Así que, o alumnado deste instituto e dos nosos centros adscritos terá que solicitar a súa reserva de praza entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos. A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado. Poden descargar os impresos de solicitude premendo nos enlaces: Anexo1 e Anexo1bis Prazos:
Máis información: Consellería de Educación e Orde do 18 de decembro de 2020.
![]() |
FitofaladoiroEventos
|