Eventos
Iniciar sesión |
Poemas gañadores do II Certame Beatriz da SerraEnviado por iesproval o Ven, 2021-05-28 08:56
Xa temos os poemas gañadores do II Certame de poesía Beatriz da Serra, dirixido a todo o alumnado dos centros educativos do Val Miñor e organizado polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos institutos Escolas Proval e Terra de Turonio, e do CEIP Carlos Casares, coa colaboración dos concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar. Este ano tamén contamos co noso alumnado entre os finalistas, así que parabéns a Isis de 1º da ESO! O xurado estivo composto por seis docentes dos centros convocantes, cuxa acta pode consultarse na ligazón. Os premios serán entregados o 25 de xuño nun acto poético-musical, que terá lugar ás 20:00 h. nos xardíns da Biblioteca de Baiona.
Entrega de notas e reclamacións 2º BacharelatoEnviado por iesproval o Ven, 2021-05-14 18:25
Velaqui o proceso para as reclamación de cualificacións en 2º de bacharelato:
Cómpre lembrar que, antes de iniciar o proceso de reclamación ordinario, conviría seguir os seguintes pasos: 1. Revisión da nota co profesorado da materia, previa instancia oficial, os días 19 e 20 en horario do centro. 2. De persistir disconformidade, presentación de reclamación en Secretaría dirixida ao director, en modelo oficial, os días 19 e 20. 3. Valoración do departamento ao longo do día 21:
Máis información en:
Acto graduación 2º BacharelatoEnviado por iesproval o Ven, 2021-05-14 01:24
Chegou, por fin, o momento dunha despedida que se presumía incerta -como todo!- a comezo de curso, o da graduación do noso alumnado de 2 de bacharelato. Un claustro histórico foi o escenario dun acto sinxelo pero moi emotivo, de lembranzas e recoñecementos, organizado por unha promoción especial, que foi quen de lidar cun mundo de dúbidas, medos, incertidumes... pero tamén de loita e esperanza. Dobre ración de esforzo e comprensión, de compromiso e complicidade, nunha etapa trascendental e irrepetible na vida de calquera, a da adolescencia.
Agora toca seguir medrando fóra, sen máscaras, nin ataduras... cara a un novo ciclo, o do futuro.
Parabéns e grazas polas vivencias compartidas con nós no Proval ao longo destes anos e desde onde vos seguiremos agardando; agora toca serdes creadores de vós mesmos e do voso mundo!
“Busco o modo de te acompañar sen estorbo,
que sexas ó meu carón feliz e creador
de ti,
de ti e mailo mundo que apañes”
(Darío a diario, Xela Arias, DLG2021)
Finalmente, grazas ao noso magnífico equipo musical que, á marxe de Sara, Helena, Rita e do director Daniel, contou co apoio de Breixo e do seu profe de administrativo, Pedro González (cantos luns sacrificados para os ensaios tiveron o seu froito!); ao noso soporte técnico, Víctor, sempre aí todo un profesional á fronte do equipo de son; ás concelleiras de Igualdade, Patricia Diego, e de Educación, Marina Vidal, en representación do concello de Nigrán, sempre atentas ás nosas peticións; e, como non, ás familias acompañantes (limitadas desta vez polo aforo, desgraciadamente), tan decisivas nesta "especial" recta final e en todo un futuro que queda por debullar!!
Podedes acceder á galería de fotos premendo na ligazón.
( categories: )
Calendario fin de curso AdministrativoEnviado por iesproval o Xov, 2021-05-13 19:32
Nos seguintes enlaces podedes consultar o calendario completo de xuño, así como as datas dos exames finais dos ciclos de Administrativo:
Bolsas Erasmus de mobilidade do profesorado de FPEnviado por iesproval o Mar, 2021-04-27 17:20
Concurso de carteis polo Día da MullerEnviado por iesproval o Mar, 2021-03-09 14:35
Animádevos a participar no concurso de carteis organizado polo Equipo de Dinamización co gallo do Día da Muller. Técnica libre en tamaño folio baseada na idea da contribución das mulleres na construción da nosa sociedade. Pode participar calquera nivel e hai de prazo até o 23 marzo. Contamos coa vosa creatividade!! DÍA DA MULLEREnviado por iesproval o Mar, 2021-03-09 14:31
O 8 de marzo é o Día internacional da Muller, pero no Proval dedicámoslle todo un mes! Queremos reivindicar a igualdade e visibilizar o seu papel na historia, a través da poesía, música, concursos, exposicións, vídeos, documentais, murais, charlas...
Comezamos coa videoconferencia da investigadora Betty León, profesora de Física aplicada na Universidade de Vigo durante máis de trinta anos, que nos falou sobre a presenza das mulleres no ámbito universitario actual, repasou as mulleres científicas máis relevantes e realizou un interesante percorrido profesional e vital, resaltando a importancia do esfozo, traballo e constancia. Seguimos coa celebración do Día de Rosalía e co obradoiro de rap feminista a cargo das cantantes e improvisadoras High Paw e Rabela.
Xunto co alumnado do Grupo de Igualdade deixamos pegadas a prol da loita feminista en todos os recunchos do instituto, tomando como motivo o lema “Estamos fartas de estar sen voz, agora a historia contámola nós”. Ademais, convocamos o concurso de carteis “Agora a historia contámola nós”. A semana que vén os grupos da ESA contarán coa charla telemática de Nuria Pahino, da Marcha Mundial das Mulleres, “As mulleres na Historia”.
O 21 de marzo, co gallo do Día da poesía, inauguraremos -cos demais centros educativos e concellos do Val Miñor- unha nova edición do Certame de Poesía Beatriz da Serra, en lembranza desta muller miñorá que mantivo correspondencia co conde de Gondomar en lingua galega.
O día 22 asistiremos á performance “Cadena”, de Analía Beltrán i Janés, no marco do programa Mulleres en Acción Violencia Zero, organizada pola Concellaría de Igualdade e a Deputación. E, un día despois, contaremos coa charla "A muller na antigüidade grega", da profesora da Universidade de Vigo, Susana Reboreda. Presentaremos o documental elaborado polo alumnado de 1º e 2º de ESO: "Historias de mulleres", coa colaboración de Illa Bufarda. Elaboremos unha enquisa para detectar e visibilizar posibles condutas machistas no instituto.
Finalmente, alén dos traballos de investigación do alumnado organizadas polos departamentos didácticos, o recuperaremos a historia das mulleres vinculadas á fundación das Escolas Proval a través das voces vivas dalgunhas das veciñas con máis memoria do Val Miñor!
Mes en lila para homenaxear as nosas mulleres!!!
Vacantes ESO-BACHARELATO (curso 2021-22)Enviado por iesproval o Lun, 2021-03-01 10:10
Velaquí a oferta de prazas vacantes de ESO e BACHARELATO para o curso 2021-22:
*Necesidades específicas de apoio educativo (artigo 3.2 da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación).
*Publicación no taboleiro de anuncios e web do centro antes do 1 de marzo en cumprimento ao artigo 3.4 da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Admisión alumnado ESO-BACHARELATO (curso 2021-22)Enviado por iesproval o Sáb, 2021-02-27 20:22
O alumnado e/ou as familias que desexen obter unha praza de ESO ou BACHARELATO para o curso 2021-22 nun centro distinto daquel en que estea matriculado este curso poderá presentar unha única soliciude da seguinte forma:
DOCUMENTACIÓN
Información CoronavirusEnviado por iesproval o Mar, 2021-02-23 16:16
Estimadas familias: Para calquera información que nos queiran transmitir relacionada coa COVID-19, rogamos que se poñan en contacto con nós a través do número de móbil 681200817 (preferiblemente) ou do número 886110365. O resto dos documentos relacionados poden visualizalos na parte ssuperior esquerda desta páxina. Lembren realizar diariamente antes de saír da casa a “Enquisa de autoavaliación” para comprobar se teñen algún síntoma da covid-19. No caso de telo, cómpre ficar na casa, pórse en contacto co EquipoCovid do instituto (nos números abaixo indicados) para comunicar a ausencia e, sobre todo, chamar ao centro de saúde correspondente parar falar directamente co/a pediatra (antes dos 15 anos) ou médico de cabeceira. Grazas, EquipoCovid do Proval. ( categories: )
![]() |