Concurso de deseño Castelao

Enviado por iesproval o Dom, 2023-01-15 10:13
Achégase o Día de Castelao, o 30 de xaneiro, coincidindo co Día da Ilustración e Día da Paz, e con el, o departamento de Galego e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega volven convocar un novo concurso de deseño inspirado na obra do escritor rianxeiro.
  • CATEGORÍAS: a) 1º/2º/3º ESO/PMAR/PDC/FPB1 e b) 4º ESO/FPB2/BAC/CICLOS/ESA
  • MODALIDADES: a) ilustración, baseada nos contos “Manter un animal para comelo non está ben”/”Un burro non bulía nin chisco” e b) banda deseñada, a partir dos relatos “O pai de Migueliño”/”Un rúa nun porto lonxano”. Para accederdes aos contos podedes premer nas ligazóns: para a ilustración e para a banda deseñada.
  • PREMIOS: a) ilustración: 1º premio: 30€; 2º premio: 20 €; 3º premio: 10€ e b) banda deseñada: 1º premio: 50€; 2º premio: 25 €; 3º premio: 15€. Os premios entregaranse en vales para a cafeteria ou librarías.
  • CONDICIÓNS: Os debuxos son de técnica libre e teñen que estar en galego. Podedes entregar os vosos deseños ás profesoras de lingua galega, ou envialos ao correo até o 3 de febreiro: equipoedlproval@gmail.com