Iniciar sesión |
Calendario de exames de 2º BAC (convocatoria ordinaria)Enviado por iesproval o Xov, 2020-05-28 14:44
Velaquí o calendario de exames da convocatoria ordinaria de xuño do curso 2019/20 para 2º de bacharelato:
( categories: )
Novas datas para a celebración das probas de acceso a ciclosEnviado por iesproval o Xov, 2020-05-28 10:47
Publicadas novas datas para a celebración das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional para a convocatoria 2020, por mor da situación provocada pola pandemia do Covid-19. CICLOS MEDIOS: realización da proba o 10 de xuño. Sede: CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) CICLOS SUPERIORES: realización da proba o 11 de xuño. Sede: IES de Teis (Vigo). ( categories: )
Cita OrientaciónEnviado por iesproval o Lun, 2020-05-25 13:03
Se desexan concertar unha cita co orientador do centro, Fernando Blanco, para consultar calquera dúbida relativa aos estudos, rogamos que soliciten cita previa a través do seu correo electrónico feblanco@edu.xunta.es, tanto para a atención telefónica como presencial. ( categories: )
Adaptación das programacións didácticasEnviado por iesproval o Xov, 2020-05-21 05:25
Xa podedes consultar as adaptacións das programacións didácticas dos diferentes departamentos conforme ao establecido nas instrucións do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso académico 2019/20.
( categories: )
Fondo libros e material escolar para o curso 2020/21Enviado por iesproval o Mér, 2020-05-20 12:11
Aberto o prazo para que as familias soliciten axudas para libros, vales para material escolar e acceso aos Fondo Solidario de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2020/21. Presentación solicitudes: ata o 19 de xuño 2020 Listaxe provisional: 10/07/2020 Listaxe definitiva: 14/09/2020 Forma de presentación:
ATENCIÓN: nas solicitudes cómpre pór o código do centro que é 36015184.
DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA: 1. Anexo I debidamente cuberto e asinado polo SOLICITANTE que é un PROXENITOR (NON O ALUMNO/A). 3. Anexo II cuberto e asinado por todos os membros da unidade familiar. 4. FOTOCOPIA dos DNI/NIE de todos os membros da unidade familiar. 5. Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables (incluso a 1ª folla). 6. A sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. (En caso de separación ou divorcio).
En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
Calendario cos días e horas de entrega das solicitudes no centro se optan pola vía presencial e non pola recomendada (telemática):
( categories: )
Convocatoria Extraordinaria 1º-3º ESAEnviado por iesproval o Ven, 2020-05-15 12:04
Na seguinte táboa podedes ver a convocatoria extraordinaria de 1º e 3º curso da ESA (Educación Secundaria de Adultos):
Para máis especificacións, premede en cada ámbito: Comunicación, Científico-tecnolóxico e Social. ( categories: )
Calendario de recuperación de pendentesEnviado por iesproval o Xov, 2020-05-14 18:04
Xa podedes consultar o calendario e o tipo de probas previstas por cada departamento para a recuperación de materias pendentes premendo no enlace: ( categories: )
I Certame de micropoemasEnviado por iesproval o Dom, 2020-05-10 09:19
Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Escolas Proval e do IES Terra de Turonio organizan o “I Certame de Micropoemas Beatriz da Serra”, destinado a todo o alumnado dos centros do Val Miñor de entre 9 e 20 anos. Outorgaranse dous premios por categoría: a) 4º, 5º e 6º de primaria; b) 1º, 2º e 3º da ESO e FPBásica; c) 4º da ESO, bacharelato e ciclos. Podedes consultar as bases neste enlace. Animádevos, tedes até o 17 de maio para entregardes os vosos poemas a poesiaminhora@gmail.com! ( categories: )
Solicitude Admisión Curso 2020/21Enviado por iesproval o Xov, 2020-05-07 23:00
Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso 2020/2021, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma. Prazo de admisión: 11 de maio - 18 de maio Prazo para a presentación da documentación para a baremación: 11 de maio - 26 de maio Formas de presentar a solicitude:
AVISO IMPORTANTE: Por motivos de seguridade sanitaria recomendamos a opción telemática; e, no caso de asistiren presencialmente, rogamos que respecten as distancias de seguridade e as medidas de hixiene necesarias. Se necesitan solicitar información relacionada con este proceso de admisión ou se teñen calquera outra dúbida sobre a xestión do centro, poden chamarnos ao número 886 110 367. Quen debe presentar a solicitude: (Só para alumnado novo non adscrito, que non estea matriculado no IES Escolas Proval no actual curso)
Publicacion da listaxe privisonal: antes do 9 de xuño. Reclamacións contra as listaxes provisionais: nun prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación. Publicación das listaxes defintivas: ata o 26 de xuño. Formalización da matrícula ordinaria na ESO e bacharelato: do 1 ao 10 de xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro.
( categories: )
![]() |
Eventos
|