Iniciar sesión |
Inicio curso ciclos formativosEnviado por iesproval o Mér, 2020-09-23 10:26
Para consultares o calendario de presentación e inicio de curso de todos os ciclos formativos de Administrativo e Electrónica preme no enlace.
Para visualizar os horarios dos respectivos ciclos de Xestión administrativa e Instalacións de telecomunicacións preme nos enlaces da táboa:
( categories: )
Plan de acollida 2020-21Enviado por iesproval o Mar, 2020-09-22 19:01
Para consultar o Plan de acollida do IES Escolas Proval para este próximo curso 2020-21, premede no enlace. ( categories: )
Aprazamento presentación ciclosEnviado por iesproval o Mar, 2020-09-22 13:45
A presentación de ciclos medios e superiores de Administración e Electrónica, tanto de diúrno como nocturno, adíase para o próximo luns día 28 de setembro. ( categories: )
Inicio de curso 2020-21Enviado por iesproval o Ven, 2020-09-18 21:58
Desde o IES Escolas Proval informámolos de que por fin comezamos o novo curso escolar 2020-2021 mantendo a presencialidade en todos os niveis. Como saben, o inicio das clases realizarase de forma escalonada os días 23, 24 e 25 de setembro e no horario lectivo habitual (8:45-14:30 horas). Este ano comezamos con moitas ganas e algunha incertidume, pero asegurámoslles que levamos moitas semanas traballando para garantir un regreso seguro ás aulas e poder mantermos un ensino de calidade. Habilitamos todos os espazos do centro, tanto interiores como exteriores, conforme ao protocolo COVID, asegurando a máxima protección do noso alumnado e de toda a comunidade educativa. Con todo, precisamos da súa colaboración para reforzar as normas de seguridade desde o ámbito familiar. Ademais, é imprescidible que entreguen na conserxería do centro, debidamente asinada e antes do día 23 (en horario de 9:00-14:00 e de 16:00-20:00), a Declaración responsable pola que se comprometen a realizar a diario a Enquisa de Autoavaliación clínica da COVID e a NON enviar ao centro o seu fillo ou filla se presenta síntomas compatibles coa COVID-19. Estes dous documentos poden descargalos nos enlaces anteriores ou pedilos no centro; tamén se lles entregará a todas as familias que acudan á reunión do próximo luns 21 de setembro. Así mesmo, achegamos outros dous documentos relacionados co protocolo Covid: "Guía-resumo das instrucións para a adaptación dos centros educativos" e "Guía de volta segura as aulas". Grazas de antemán pola súa comprensión, e desexámoslle moito ánimo e saúde! ( categories: )
Reunión familias ESO e FPBásicaEnviado por iesproval o Ven, 2020-09-18 18:06
Desde a dirección do Proval convocamos as familias do noso alumnado de ESO e FPBásica a unha reunión informativa de inicio de curso para o próximo luns 21 de setembro no claustro do edifício antigo: 1º e 2º ESO ás 16:30; 3º e 4º ESO ás 17:30 e FPBásica I e II ás 18:30 horas. Por motivos de aforo, recomendamos que só acuda un membro de cada familia. Agradecemos a súa comprensión e asistencia! Fondo libros 2020-21Enviado por iesproval o Mér, 2020-09-16 11:15
Publicada a listaxe de beneficiari@s do fondo de libros e vales para material escolar que pode consultarse na Secretaría do centro ou na sede electrónica da Xunta. Os vales teñen que recollerse na Secretaría a partir de hoxe en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Presentación ESAEnviado por iesproval o Mar, 2020-09-15 10:24
A presentación da Educación Secundaria de Adultos terá lugar o próximo mércores 23 ás 18:10 h. O alumnado deberá agardar na entrada principal do edificio de arriba, con máscara e respectando a debida distancia de seguridade, e iremos chamando por grupos. Lembramos que o proceso de matrícula continúa aberto, e que se pode consultar a listaxe actualizada de alumnado matriculado en 1º e 3º ESA premendo no seguinte enlace. ( categories: )
Calendario setembro 2020Enviado por iesproval o Mér, 2020-08-26 12:44
Probas extraordinarias: martes 1 e mércores 2 Entrega de cualificacións:
Revisión exames e reclamación de exames:
Matrícula 2020-21: na Secretaría de 9:00 a 14:00 h.
Devolución de libros de texto: martes 8 e mércores 9 na Aula de Plástica (9:00 a 14:00 h.) Prematrícula ABAU: martes 8 na Secretaría de 9:00 a 13:00 h. Listaxe defintiva do Fondo de libros: luns 14 na Secretaría (presencial) ou na sede electrónica da Xunta (por vía electrónica) Inicio das clases 2020-21:
Entrega de cheque-libros para material escolar: a partir do mércores 16 na Secretaría ( categories: )
Bolsas MEC 2020/21Enviado por iesproval o Lun, 2020-08-10 09:14
Conovocadas as bolsas e axudas para o estudo do Ministerio de Educación y Cultura destinadas ao alumnado que vai cursar estudos posobrigatorios e para o alumnado con necesidades especificas de apoio educativo (BOE do 8 de agosto).
Para máis información sobre a tramitación destas bolsas, prémase no enlace.
( categories: )
Convocatoria extraordinaria ABAUEnviado por iesproval o Dom, 2020-08-09 14:32
Información sobre a convocatoria extraordinaria ABAU 2020 Datas: 15-17 setembro Sede da Comisión delegada: Pavillón Universitario. Campus de Lagoas-Marcosende, Vigo (CD 21). Número 456
Prazos:
Máis información: ( categories: )
![]() |
Eventos
|