Skip to Content

Cansat

O proxecto Cansat de Electrónica Proval, gañador da fase galega

  O proxecto SetiSat do IES Escolas Proval conseguiu o premio ao Mellor CanSat Galicia 2023 na fase autonómica que se desenvolveu nesta última semana de abril no aeródromo das Rozas (Lugo) e na cidade da Cultura de Santiago. Parabens!!

  O equipo, formado por alumnos de Ciclos formativos de Electrónica baixo a supervisión dos profesores José Luis Rodríguez e Javier Diz, representará a Galicia na fase nacional de Cansat. Trátase dunha competición promovida pola Axencia Espacial Europea na que o alumnado participante deberá realizar a simulación dun satélite dende o seu deseño e fabricación ata o lanzamento e posterior recollida de datos.

  Así se recolle esta nova na web da Xunta

  Nesta web está dispoñible toda a información deste proxecto.

  Premendo na foto inferior poderás ver as fotos do equipo Cansat Proval

Álbum: Actividades Curso 2022-2023 -> GañadoresGaliciaCansat

Fase rexional do desafío Cansat

  Chegou o momento do desafío Cansat na fase rexional. Este luns os profesores de Electrónica Javier Diz e José Luis Rodríguez lanzaron en As Rozas (Lugo) o satélite deseñado e construído polo equipo de ciclos de Electrónica. Pese a algunha incidencia conseguiron completar con éxito a misión primaria e tamén desenvolveron misións secundarias adicionais.

  O xoves 27 de abril exporán e defenderán os seus proxectos ante o xurado na Cidade da Cultura de Santiago.

 Premendo na foto poderase visualizar o álbum do lanzamento do Cansat de Proval

 

Álbum: Actividades Curso 2022-2023 -> Cansat

Desafío Cansat: SETISAT

O desafío CanSat é unha iniciativa da Axencia Espacial Europea que reta a estudantes de toda Europa a construír e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco.
Un CanSat é unha simulación dun satélite real, integrado dentro do volume e a forma dunha lata de refresco. O desafío para os estudantes é adaptar todos os subsistemas principais que se atopan nun satélite, como a enerxía, os sensores e un sistema de comunicación, dentro deste espazo tan reducido. Cando o CanSat está listo, introdúcese nun foguete, que lanza o CanSat ata unha altitude de aproximadamente un quilómetro. Entón comeza a súa misión. Durante a caída controlada por medio dun paracaídas realízase un experimento científico e / ou unha demostración tecnolóxica ademais de lograr unha aterraxe segura e analizar os datos recompilados.

Imaxina Constrúe e proba Lanzar

A competición ten varias fases: rexional, nacional e europea.  O noso centro participa este ano cun equipo de alumnos de ciclos de Electrónica. O equipo deste ano deseñará un satélite que será quen de emular unha sonda espacial que procure sinais compatibles coa vida. Esperemos que se nos atopamos con algunha forma de vida esta sexa pacífica e poidamos entendernos con ela.


Comezamos esta aventura con moita ilusión e esperamos chegar o mais lonxe posible, tanto como nos leve o noso CanSat.

Nestes videos podededes deleitarvos co traballo feito.

Tedes mais información na nosa páxina en WordPress

Aparición en prensa

Estes videos corresponden ao lanzamento da fase nacional dos últimos anos

Distribuir contido


by Dr. Radut