Skip to Content

Difusión das instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas no curso académico 2024/25

Segundo a RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2024/25, na súa disposición derradeira segunda reflicte que "As direccións dos centros docentes que impartan estas ensinanzas arbitrarán as medidas necesarias para que esta resolución sexa coñecida por todos os membros da comunidade educativa."

Por este motivo na seguinte ligazón pódese acceder a dita resolución.

 

Un saúdo, dirección IES Escolas Proval.



book | by Dr. Radut