Eventos
Iniciar sesión |
Poemas gañadores no III Certame Beatriz da SerraEnviado por iesproval o Lun, 2022-06-13 23:45
Co gallo do Día da Poesía presentamos o III Certame de poesía Beatriz da Serra. Alégranos saber que cada vez somos máis os centros implicados neste proxecto promovido polos equipos de dinamización da lingua galega; así, nesta III edición, alén do noso insitituto, do IES Plurilingüe Terra de Turonio e do CEIP Carlos Casares, contamos tamén co IES Primeiro de Marzo, CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro, CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios, ademais da colaboración dos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona.
![]() Este concurso de micropoesía vai dirirxido a todo o alumnado dos centros educativos do Val Miñor. Son tres as categorias:
Cómpre compor un poema de entre 3 e 8 versos para poder optar aos seguintes premios por categoría: ![]() 1º premio: dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa, unha peza cerámica conmemorativa de Antón Román e mais dez exemplares do libro do certame.
2º premio: dúas antoloxías poéticas das voces máis novas, certificación acreditativa e mais dez exemplares do libro do certame.
Poden ver os poemas gañadores premendo na seguinte ligazón. Noraboa a todas e todos os participantes e parabéns ás nosas alumnas por obteren a mención do xurado na categoría B:
Elena Taboada Fernández (1º ESO) co poema "Mentres o sol"; Adriana Grandal Alonso (1º ESO) co poema "A chuvia" e Tania Pereira Montoya (3º ESO) co poema "Aturuxo".
( categories: )
|