Skip to Content

Electrónica

Ciclos Formativos de Electrónica e Administrativo

Información sobre os Ciclos Formativos que se imparten no IES Escolas Proval

Electrónica

Preinscripcion: 17 xuño a 2 xullo

Ciclo de Grao Superior: Desenvolvemento de Productos Electrónicos

Ciclo de Grao Medio: Equipos Electrónicos de Consumo

Administrativo

Ciclo de Grao Superior: Administración e Finanzas

Ciclo de Grao Medio: Xestión Administrativa

 

 

Técnicas de Programación

 

CURSO 2009-2010

Proxectos realizados polos alumnos de primeiro curso do ciclo superior de Desenvolvemento de Productos Electrónicos utilizando o robot comercial Moway:

 

1.- Robots que deseñan e escriben

Dous robots deseñan figuras xeométricas e números. A cada robot indícaselle desde un ordenador e vía radio que figura xeométrica ou que número debe debuxar.

 

2.- Robot imitador

Dous robots realizan movementos e manteñen comunicación entre eles por radiofrecuencia. O robot "mestre" móvese e esquiva obstáculos. O robot "imitador" segue os pasos do seu "mestre" axudado pola información que este lle envía.

 

3.- Robot con radar anticolisión

Un robot Moway leva programado un sinxelo sistema radar anticolisión para vehículos. Cando detecta a outro robot Moway no camiño reduce a súa velocidade durante un tempo para logo volver desprazarse a unha velocidade maior.

 

4.- Robot que realiza tres tarefas distintas

Un robot Moway realiza tres tarefas distintas en función da orde que se lle envíe por radiofrecuencia desde un ordenador: seguir unha liña negra, expulsar obxectos dun recinto marcado por un borde negro ou seguir unha luz

 

5.- Robots teledirixidos xogando ao fútbol

Mediante o programa desenrolado neste proxecto os robots Moway poden teledirixirse desde un ordenador de forma inalámbrica. Aquí temos unha aplicación deste proxecto con dous robots que xogan un partido de fútbol.

 

 

CURSO 2008-2009

Proxectos realizados polos alumnos de primeiro curso do ciclo superior de Desenvolvemento de Productos Electrónicos utilizando o robot comercial Moway:

 

1.- Carreira de relevos

Dous robots fan unha carreira de relevos. Usando módulos de radiofrecuencia desde un ordenador se lle envía ó primeiro robot a orde de arranque e o número de voltas que deben facer na carreira de relevos. O robot debe seguir a liña negra usando sensores de infravermellos. Cando atopa ó segundo robot, o primeiro detense e envía unha orde ó segundo para que inicie o movemento.

 

2.- Baile sincronizado

Dous robots deben bailar ó ritmo dunha canción. O primeiro robot inicia o baile cando comenza a canción. O segundo robot incorpórase ó baile máis tarde e debe sincronizarse co primeiro. A comunicación entre os robots faise mediante radiofrecuencia.

 

3.- Labirinto

Un robot debe percorrer un labirinto e saír del. O robot leva un módulo de radiofrecuencia co que se comunica co ordenador para indicarlle desde qué punto parte do labirinto e para darlle a orde de iniciar o movemento. Usa sensores de infravermellos para situarse no labirinto.

 

4.- Fútbol

Dous robots deben xogar un partido de fútbol. Cada robot debe marcar gol nunha portería distinta. O campo é degradado de branco a gris para que os robots saiban cara a donde deben dirixirse. Para isto utilizan uns sensores de infravermellos que entregan unha resposta analóxica con valores distintos segundo o nivel de gris do chan. Tamén empregan outros sensores de infravermellos para detectar o "balón".

 

PARTICIPACIÓN EN GALICIENCIA 2009

Os alumnos do IES Escolas Proval acudiron a Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia) en Ourense a presentar os seus traballos de robótica na Feira Tecnolóxica de Galicia.

 

Outro momento da participación en Galiciencia: Dous robots Moway xogando ó futbolín 


Distribuir contido


by Dr. Radut