Skip to Content

Normalización Linguística

Premios Castelao 2021

30 de xaneiro

DÍA DE CASTELAO, DÍA DA ILUSTRACIÓN, DÍA DA PAZ

 

O venres xuntouse o xurado do concurso do debuxo polo Día de Castelao organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega "O Chafarís" e, logo de moito deliberar, acordou premiar os seguintes traballos de banda deseñada, ilustración e viñetas (podedes premer en cada imaxe para ampliala):

 

 

 

MODALIDADE A (1º, 2º, 3º ESO e FPB)                        

MODALIDADE B (4º ESO, Bacharelato, Ciclos, ESA)

BANDA DESEÑADA
  • 1º PREMIO: Isis Acea (1º ESO)
  • 2º PREMIO: deserto
  • 1º PREMIO: deserto
  • 2º PREMIO: Pedro González (4º ESO)
ILUSTRACIÓN
  • 1º PREMIO: “O bruxo da montaña” Marco Casas (2º ESO)
  • 2º PREMIO: deserto
  • 1º PREMIO: “Unha rúa nun porto lonxano” Iberia González e Luísa Pintos (2º Bacharelato)
  • 2º PREMIO: “O pai de Migueliño” Ángela Pérez e Marta García-Téllez (2º Bacharelato)
VIÑETAS
  • 1º PREMIO: Lucía Rodríguez (3º ESO).            
  • 2º PREMIO: Lidia Pérez (1º ESO)
  • 1º PREMIO: Andrea Fernández (4º ESO)
  • 2º PREMIO: Ángela Fernández (1º Bacharelato)

Concurso "Contos do Samaín"

Animádevos a participar no “Concurso de contos do Samaín” organizado polo Equipo de Dinamización da lingua galega do Proval. Podedes escribir un relato de medo, gravar un vídeo ou un audio e enviárnolo ao enderezo “equipoedlproval@gmail.com”. Hai tres categorias: a) 1-2 ESO; b) 3-4 ESO e FPB; c) bacharelato, ciclos e ESA. Valorarse a creativadade, orixinalidade e calidade das creacións. Lembrade que tedes de prazo até o 9 de novembro. Sorte!  

 

Letras Galegas con Mofa e Befa

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega de Proval organizou o pase no centro da obra Craneos Privilexiados de Mofa e Befa

Preme na fotografía inferior para ver o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> CraniosPrivilexiados

Celebrando os maios

Un ano máis celebramos esta festa en Proval. E este foi o noso maio....

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> Maios

Marzo lila

Como recordo á nosa compañeira María,

“As túas ideas seguen alumeándonos”

 

O curso pasado, cando María aínda estaba con nós, propuxo ao EDLG, do que formaba parte, a idea de organizar un Maio Lila con actividades durante todo o mes relacionadas coa muller e o galego.

 María segue acompañándonos.

 Inspirámonos nesta súa idea para organizar o Marzo Lila coas seguintes actividades:

Actividades organizadas polo Chafarís. EDLG do IES Escolas Proval.

Distribuir contido


by Dr. Radut