Skip to Content

Curso de Capacitación Dixital

    Comezamos este mes de xullo no Proval cun curso de capacitación dixital, dixixido especialmente a maiores de 55 anos, co fin de reducir a brecha dixital existente na nosa comarca neste sector da poboación.
  
Este curso pretende formar o alumnado nas nocións básicas sobre tecnoloxías e formación dixital, útiles para a vida cotiá, como navegar en Internet, manexar o correo electrónico, compartir arquivos, ou empregar as aplicacións máis necesarias relacionadas coa administración publica. En todo caso, o contido será personalizado, adaptado ao nivel de cadaquén.
Así que, se necesitades afondar nos coñecementos básicos das novas tecnoloxías, anotádevos na nosa secretaria (de 10:00 a 12.30 h) porque aínda hai prazo ata o 7 de xullo!


book | by Dr. Radut