Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Horarios e profesores______________________________[Despregable]

1.º Bacharelato

Profesores/as Programación   Documentos

Titora - A

Leticia Blanco

Inglés  

 


Titora- B

Juilio Otero

Economía  

Titor - C

J.J. Guillín

Física e Química  

Eva de la Torre

Lingua galega e Literatura  
Ana González  Lingua castelá e Literatura  

Ofelia Lubin

Filosofía  

David Martínez

Historia do Mundo Contemporáneo  

Pedro Cantero

Educación Física  

 

Ciencias Sociais e Humanidades   Ciencias
José Luis Mayobre Matemáticas aplicadas ás CCSS I Begoña Gómez Matemáticas I
Rafael Lago Latín I Ana Palmero Bioloxía e Xeoloxía
Margarita Tato Grego I Marta González Debuxo Técnico I
    Raquel Sierra Tecnoloxía e enxeñaría 

 

Paula Breijo Francés
María Fernández Cultura científica
Ana Palmero Anatomía aplicada
Marta González Debuxo artístico I
José Barcia TIC I
   
Manuel Vales Relixión católica
  Reforzo e afondamento de Matemáticas I
  Reforzo e afondamento de Inglés

1ºBAC

Excursión fin de curso

 

Sorteo dun xamón ibérico (rifas pro-excursión fin de curso)

No sorteo do xamón ibérico celebrado no primeiro recreo do venres, 3 de xuño, resultou agraciado número 0783
adquirido pola familia Romero Castro de Mugardos. 
A gozar do magnífico pernil e o alumando de 4.º e 1.º bacharelato conseguiron
deste xeito un bo finanzamento para a excursión de fin de curso que emprenderán o vindeiro luns. Grazas á ANPA pola colaboración.

1.º BAC - FPB I: Convocatoria extraordinaria

20/06/2022 09:00
22/06/2022 14:00
Europe/Madrid

4.º ESO / 1.º BAC. - Excursión fin de curso

04/06/2022 09:00
09/06/2022 20:00
Europe/Madrid

Participación no Parlamento Xove

O equipo formado por Uxía Mesía, Lía Rodríguez, Carlota Vidal e Yoel Sanjuán coordinado pola profesora Ofelia Lubián participaron a pasada fin de semana na fase clasificatoria da 13ª edición do Parlamento Xove. 

Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. Neste caso o tema de debate foi Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente? A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada. 

Malia non clasificarnos para a fase final, a experiencia sempre resulta enriquecedora. O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia.

Premio á creatividade "Que sucedeu en Ferrol o 10 de marzo de 1972?"

O alumnado 1.º bacharelato participou con varios traballos de creación e documentación no concurso escolar  «Que sucedeu en Ferrol o 10 de marzo de 1972?» Tratouse dunha actividade moi especial pois este ano conmemórase o 50 aniversario daqueles acontecementos. 

A entrega dos premios realizouse no centro cultural Torrente Ballester. Resultou seleccionado co premio á creatividade o vídeo producido polos alumnos Miguel Ángel Rincón, Daniel Pico, Elisabeth Bejarano, Rubén Lamzildi, Beatriz Arias e Yoel Sanjuán, dirixidos polo profesor David Millán

 

 

Recollida de alimentos non perecedeiros

01/12/2021 00:00
20/12/2021 14:30
Europe/Madrid

 

DATAS: do 1 ata o 20 de decembro

LUGAR: entrada do IES de Mugardos

DESTINO: Cáritas 

 

 ENTREGA

Imos á farmacia (1.º Bach.)

20/12/2021 09:25
Europe/Madrid

Imos á farmacia

1.º Bacharelato

Actividade coa farmacéutica comunitaria de Mugardos, Nina Villasuso.

  • 13 de decembro: 9:25 horas
  • 20 de decembro: 9:25 horas

Imos á farmacia (1.º Bach.)

13/12/2021 09:25
Europe/Madrid

Imos á farmacia

1.º Bacharelato

Actividade coa farmacéutica comunitaria de Mugardos, Nina Villasuso.

  • 13 de decembro: 9:25 horas
  • 20 de decembro: 9:25 horas

ENTREGA DE NOTAS (ESO, FPB, 1.º Bach.)

03/12/2021 14:00
Europe/Madrid

Entrega dos boletíns de notas

  • Alumnado: titores/as
  • Publicación ABALAR: 16:00 horas

1.º Bacharelato

26/10/2021 18:15
26/10/2021 18:15
Europe/Madrid

Reunión das familias (1.º Bacharelato) cos titores

1.º BAC: miniprogramacións

Miniprogramación FeQ 1ºBAC 2021-22

Aquí tedes a versión reducida da programación didáctica da materia de Física e Química de 1ºBAC na que se poden atopar os contidos a traballar e o xeito de valorar os diferentes aspectos a avaliar.

Ruta a pé

Ruta a pé, toda a tarde do martes 20 e abril, na que participou o alumnado de 1.º Bacharelato A e C; 4.º ESO B e 2.º ESO. Camiñata de convivencia e exercicio saudable.

Comezo da actividade lectiva: 3º. trimestre

06/04/2021 08:45
06/04/2021 14:25
Europe/Madrid

Búscanse humoristas

      

 Que o venres de entroido sexa entroido. Queremos clases de humor! Lembra anotarte e participar co teu chiste, anécdota graciosa, meme, monólogo, coreografía, mimo, etc. Lembra que a actuación debe durar aproximadamente 2 minutos.

Folla de inscrición en conserxería.

Mención de Honra na Olimpíada Matemática

Un ano máis, o departamento de matemáticas participou na Olimpíada Matemática Galega. Nesta ocasión asistiron as alumnas de 1.º bacharelato Isabel T., Emma V.
e de 2.º, Carla A. e Juan P. 
Os docentes foron Alberto L. e María C., acompañados na fotografía pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes.

 Parabéns a todos e todas as participantes e en especial pola Mención de Honra para Juan Pena.

 

Participación na Olimpíada Matemática Galega

22/01/2021 16:00
Europe/Madrid

 

 

Olimpíada Matemática Galega 2021
(a Fase Galega da LVII Olimpiada Matemática Española).

Conferencia de Vicente Garrido

O alumnado de bacharelato conectou esta mañá co psicólogo e criminalista Vicente Garrrido

1.º e 2.º BAC: Charla con Vicente Garrido

20/01/2021 10:45
20/01/2021 11:30
Europe/Madrid

 

Charla con Vicente Garrido

CURSOS: 1.º e 2.º Bacharelato

HORA: 10:45 horas

 

 

11 DE XANEIRO: Regreso ás aulas

11/01/2021 08:45
Europe/Madrid

8 DE XANEIRO: festivo de centro (dÍa non lectivo)

08/01/2021 00:00
Europe/Madrid

Obradoiro regulación emocional (1.º Bac. B)

22/12/2020 10:45
22/12/2020 13:35
Europe/Madrid

En ruta. Mapas para a busca do equilibrio emocional

1.º Bacharelato - B

22 de decembro: 10:45 - 13:35 

Aula de Tecnoloxía

Obradoiro regulación emocional (1.º Bac. C)

21/12/2020 10:45
21/12/2020 13:35
Europe/Madrid

En ruta. Mapas para a busca do equilibrio emocional

1.º Bacharelato- C

21 de decembro: 10:45 - 13:35 

Aula de Música

Obradoiro regulación emocional (1.º Bac. A)

18/12/2020 10:45
18/12/2020 13:35
Europe/Madrid

En ruta. Mapas para a busca do equilibrio emocional

1.º Bacharelato - A

18 de decembro: 10:45 - 13:35 

Aula de Tecnoloxía

Simulación de clases non presenciais (1.ºBAC)

15/12/2020 16:20
15/12/2020 18:00
Europe/Madrid

Simulacións de ensino non presencial (1º. bacharelato)

DATA: 15 de decembro

HORA: 16:20 – 17:10 primeira sesión.

   17:10 – 18:00 segunda sesión.

LUGAR: alumnado na súa casa e profesorado no instituto.

 

Sistema: ferramenta de videoconferencia webex.

O enderezo e claves de acceso de cada sesión estarán colgadas nas plataformas educativas dixitais de cada unha das materias da tarde.

Requirimento mínimo: equipamento con acceso á rede.

Obrigatoriedade: Salvo circunstancias imprevistas, pasarase control de asistencia e puntualidade.

O alumnado que por calquera motivo non desexe quedar na casa para a conexión a distancia, sempre poderá asistir presencialmente e
seguir a actividade lectiva desde a aula.

 

Resumo das programacións 1.º Bacharelato

Entrevista coa alumna Emma Vázquez (1.º Bach.)

 

No Telexornal da TVG de hoxe foi noticia a alumna Emma Vázquez (1.º Bacharelato) pola súa participación no programa educativo Advanced Talent Training, que este ano está a substituír as estadías en Canadá e EEUU das bolsas de estudos da Fundación Amancio Ortega. Emma explicou na gravación da entrevista no noso centro algúns contidos e actividades que está a desenvolver. O programa educativo está deseñado polo Mo Massachusetts Institute of Technology (MIT) y la Universidad de Cambridge.

Ver nova no Telexornal Mediodía, 19 de outubro

Obradoiro CóidoME, pola prevención e promoción da saúde mental

Hoxe rematamos as sesións por vía telemática do obradoiro CóidoME, pola prevención e promoción da saúde mental. O alumnado de 1.º bacharelato recibiu formación teórica e exemplos prácticos sobre emocións, estrés, ansiedade, dependencias, tecnoloxías e lecer. 

Este proxecto deseñado por novos profesionais da psicoloxía e pedagoxía recibiu un premio da Xunta de Galicia para xóvenes emprendedores. Grazas Rebeca e Diego pola iniciativa. Agora seguirémosvos na rede.

Distribuir contido