FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Obradoiro CóidoME, pola prevención e promoción da saúde mental
Enviado por admin o Xov, 08/10/2020 - 19:10
Hoxe rematamos as sesións por vía telemática do obradoiro CóidoME, pola prevención e promoción da saúde mental. O alumnado de 1.º bacharelato recibiu formación teórica e exemplos prácticos sobre emocións, estrés, ansiedade, dependencias, tecnoloxías e lecer.
Este proxecto deseñado por novos profesionais da psicoloxía e pedagoxía recibiu un premio da Xunta de Galicia para xóvenes emprendedores. Grazas Rebeca e Diego pola iniciativa. Agora seguirémosvos na rede.