FAMILIAS - ANPA O Castro
|
ESO
Presentación e posta en marcha da impresora 3D do instituto
Enviado por admin o Sáb, 05/03/2016 - 10:01Parlamento Xove (ESO)
Enviado por ofelia786 o Dom, 28/02/2016 - 17:14O equipo de debate formado por Sara Salido, Marta Rumbo, Noa Canido e David Romero asistiu esta fin de semana o encontro de debate do Parlamento Xove. Aínda que non foron seleccionados para a fase final, completaron unha meritoria participación cun debate gañado e outro moi empatado. Parabéns ao equipo e á coordinadora Ofelia Lubián.
A vindeira semana tocaralle o turno á categoría de bacharelato, na que o noso centro presenta dous equipos. O tema desta edición é a seguinte pregunta: Determina o papel do/a profesor/a o futuro dos mozas e mozas?
Día de Rosalía (24 de febreiro)
Enviado por admin o Ven, 26/02/2016 - 19:37Gravación de varias estrofas do poema inicial de Cantares Gallegos realizada polos alumnos e alumnas de 1.º ESO-B no día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro de 2016.
Tradución da "Negra sombra" por Nadine, auxiliar de conversa no programa CUALE:
1:08 minutes (1.07 MB)
Visita a Lugo (3.º e 4.º ESO)
Enviado por admin o Xov, 25/02/2016 - 22:21Este xoves o alumnado de 3.º e 4º ESO tivo a oportunidade de realizar unha completa visita á cidade de Lugo organizada polo departamento de inglés. A viaxe incluíu o templo de Santa Eulalia de Bóveda, o centro de interpretación da muralla, a casa do Mitreu e un percorrido polo adarve da muralla.
Carreiras de orientación
Enviado por admin o Mér, 24/02/2016 - 21:49XOGOS DE ESTRATEXIA, a próxima sesión de Escala na Escola
Enviado por Covadonga o Mar, 23/02/2016 - 20:58Februarius
Enviado por Begoña o Mér, 03/02/2016 - 23:43Consulta o calendario latino na entrada do instituto
ESCALA NA ESCOLA, O PROGRAMA DE EXCELENCIA DO IES MUGARDOS
Enviado por Covadonga o Sáb, 30/01/2016 - 22:08O luns 1 de febreiro coa sesión “Transformando imaxes: anamorfose”, a cargo de Covadonga Rodríguez-Moldes, dan comezo as actividades formativas do Programa de Excelencia que recentemente foille concedido ao IES Mugardos.
Este programa ten tres liñas de actuación: a organización e celebración do V Premio Estudo e Deporte, a posta en escea dunha obra teatral con alumnado de 1º de bacharelato dirixida pola profesora de Música Olga Cabalar, e o programa formativo ESCALA NA ESCOLA co que se pretende darlle resposta ao alumnado con maior capacidade e motivación para aprender e que consta de 14 sesións coas que se perseguen, para o alumnado de 2º e 3º de ESO participante, os seguintes logros:
· Acrecentar e consolidar o seu afán de curiosidade
· Darlle a coñecer e por en práctica distintos métodos, técnicas e procedementos de traballo intelectuais.
· Estimulalo e apoiar o gusto por aprender.
· Contribuír a desenvolver as súas capacidades.
· Ampliar a súa formación con temas interesantes e motivadores que non formen parte do currículo escolar.
· Aumentar a súa implicación nas actividades do centro.
Como novidade este ano, as sesións están abertas a calquera persoa interesada en asistir que conte coa autorización do profesorado responsable.
Transformando imaxes: Anamorfose |
Covadonga Rgdez-Moldes |
1 de febreiro |
Oratoria |
Telmo de Paz |
15 de febreiro |
Iniciación ao alemán |
Olga Recio |
22 de febreiro |
Xogos de estratexia |
Covadonga Rgdez-Moldes |
29 de febreiro |
Apps científicas |
Profesorado invitado |
7 de marzo |
Gravación dun programa de radio |
Serafín Álvarez |
14 de marzo |
Ciao, Pinocchio |
Consuelo Gundín |
4 de abril |
Química no laboratorio |
Carmen Bernabeu |
11 de abril |
Criptografía |
Jesús Conde |
18 de abril |
Introdução à lingua do sul (português) |
Isabel Seoane |
25 de abril |
Física no laboratorio |
Carmen Bernabeu |
2 de maio |
Viaja con nosotros |
Begoña Allegue e Rafael Lago |
9 de maio |
Obradoiro de Ética Aplicada |
Ofelia Lubián |
23 de maio |
Obradoiro de numismática romana |
Marta González |
30 de maio |
Cesta de Nadal: 1669
Enviado por admin o Lun, 21/12/2015 - 17:16
Este luns entregamos a cesta de Nadal * * * As catro últimas cifras do número 1669 |
Reunión de pais: PROA (1º e 2º ESO), EXCELENCIA (2º e 3º ESO)
Enviado por admin o Ven, 04/12/2015 - 15:58A dirección do IES de Mugardos convídao á presentación dos programas previstos para este curso.
- Programa de mellora de coñecementos para acadar a excelencia, dirixido a alumnado de 2º. e 3.º ESO.
Luns, 7 de decembro, ás 16:30 horas
- Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA) dirixido ao alumnado de 1.º e 2º ESO.
Luns, 7 de decembro, ás 17:00 horas
Celebración do magosto
Enviado por admin o Dom, 22/11/2015 - 19:05Actualización:
Diplomas aos equipos da xincana deportiva.
Como en anos anteriores, a celebración do magosto incluíu o reparto de castañas ofrecidas pola ANPA e a organización da xincana lúdica. Ademais, o alumnado de 4.º ESO repetiu a venda de produtos para recadar fondos para a excursión de fin de curso.
Clubs de lectura (2015-2016)
Enviado por admin o Mér, 18/11/2015 - 23:08Coa reunión desta tarde dos "adultos" xa están en funcionamento todos os clubs de lectura que neste curso acada por primeira vez catro grupos. A principal novidade é o ENGLISH CHAT, coordinado pola profesora Gabriela Sánchez e que xa vai pola súa segunda reunión con gran éxito de participantes.
Esta semana tamén fixeron o propio un nutirido grupo de 1.º ESO que xunto co grupo de 2.º ESO toman o relevo do denominado club A Boca do Lobo, coordinados pola profesora e bibliotecaria Begoña Allegue.
Felices lecturas!!!
A BOCA DO LOBO
ENGLISH CHAT wher you can have fun and improve your English as you chat.
Samaín
Enviado por admin o Ven, 23/10/2015 - 22:55
CONCURSO de CABAZAS 1. Pode participar o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO (non os seus familiares). 2. Repartiranse cabazas nos recreos do luns 26 e do martes 27 na entrada do centro. 3.Só se pode presentar unha cabaza por participante, que pode ser unha persoa ou un grupo (un máximo de 3 alumn@s). 4. Cada “obra” deberá ter un nome en galego e ir acompañada dun texto no que se explique como xurdiu a idea e cal foi o proceso de creación (mínimo 10 liñas). 5. Das cabazas transformadas valorarase: * a orixinalidade (do nome e da peza) e * o coidado con que foi feito o traballo (tanto o manual como a redacción do texto explicativo). 6. As cabazas transformadas deixaranse no expositor da entrada a partir do martes 27de outubro. 7. Entregarase en Conserxería un sobre pechado no que figure por fóra o nome da cabaza. E dentro indicara(n)se o(s) nome(s) e o curso do(s) participante(s). 8. O xoves 29, durante o primeiro recreo, o xurado escollerá aos gañadores. 9. Serán membros do xurado dous profesores, dous alumnos e outra persoa do centro. 10. Haberá dous premios para cada modalidade de participación (individual e en grupo). 11. Os premios incluíran vales para a cafetería e un agasallo sorpresa. 12. Os gañadores daranse a coñecer no Salón de Actos o xoves día 29 no segundo recreo. Organizan: VICEDIRECCIÓN e EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA |
Fragas do Eume (3.º ESO)
Enviado por admin o Mér, 21/10/2015 - 19:22O mal tempo non foi impedimento para que os alumnos/as de 3.º ESO realizaran este luns, 19 de outubro, o percorrido de senterismo polas Fragas do Eume organizada polo Departamento de Educación Física.
Andaina do Belelle
Enviado por admin o Mér, 14/10/2015 - 15:35Este mércores os alumnos/as de 1.º e 4º de ESO realizaron a ruta da "Fervenza do río Belelle". O percorrido de algo máis de dez quilómetros serviu para reforzar o programa de apadriñamento e amadriñamento entre as diferentes promocións do instituto.
Memoria do Banco de Libros (ANPA)
Enviado por admin o Dom, 27/09/2015 - 19:15
|
Segundo os datos recollidos da memoria, este foi o resultado do Banco de Libros da ANPA:
Libros prestados: 432 Alumnos que reciben libros: 104 Aforro estimado ás familias: 15.000€
Froito desta acción, combinada co fondo e as axudas oficiais, a totalidade do alumnado da ESO conta coa maioría dos libros de de texto. A dirección do centro quere agradecer o labor de todas as persoas que desde a ANPA O Castro fixeron posible esta lección de solidariedade e altruísmo. Grazas. |
"La poesía es un arma cargada de futuro" (rap)
Enviado por anamgf o Mar, 30/06/2015 - 18:11Adaptación rap del poema de GABRIEL CELAYA.
Voces: Lupa Pérez y Marica López
Alumnado de 4.º ESO
Masterchef de vitaminas
Enviado por admin o Xov, 18/06/2015 - 19:47Antes de rematar o curso, o alumnado de 2.º ESO coa súa titora Gabriela Sáchez organizaron o primeiro Masterchef do instituto. Por equipos foron elaborando as súas receitas, previamente redactadas e traballadas nas clases de inglés, e realizando unha pequena exposición e degustación do produto final.
O ingrediente principal foron as froitas e o bo humor. O próximo curso, máis vitaminas!!!
Reunión coas familias 4.º ESO (Martes, 16 de xuño - 17:15 horas)
Enviado por admin o Dom, 14/06/2015 - 21:06- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »