Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Traballos e premios

Concurso de cabazas

Galería de cabazas

No concurso de cabazas deste ano resultaron premiados os seguintes traballos:

  • PREMIO (2.º ESO)... Margarita pola cabaza "Melonisa".
  • PREMIO (1.º ESO)... Cristian pola cabaza "Vomitei ata que fartei".
  • ACCÉSIT... Andrea pola cabaza máis "riquiña".

Parabéns a todos os participantes.

Operación bolboreta monarca

Continúa na entrada do instituto a exposición sobre as bolboreta monarca. Lembra o pequeno premio que podes conseguir grazas a elas.

Premios Novos Talentos de Relato Curto

+ Imaxes na Galería

O alumnado de 2.º ESO participou con éxito nos concursos literarios convocados por Coca-Cola en galego e en castelán. En ambas as linguas resultamos ben clasificados. En castelán, dous alumnos do centro figuraron entre premiados da zona de Ferrol. 

  • 53.º  Premio Nuevos Talentos de Relato Corto

Pablo J. Rañales (1.º- Ferrol) e Alberto Pérez (6.º-Ferrol)

  • 5.º Premio Novos Talentos de Relato Curto

Pablo J. Rañales (1º-Ferrol)

Entrega dos tapóns solidarios a AS.PA.NE.MI

A presidenta de AS.PA.NE.MI, Montse Fraga, recolleu esta mañá os sacos de tapóns que ao longo do curso fomos recollendo na entrada do instituto. Un grupo de 2.º ESO escoitou as palabras de agradecemento e invitación a continuarmos coa campaña. Tamén asistiu ao acto Sindo, da cafetería do centro, e contamos coa presenza de Lela, a avoa de Alba para quen irán destinados os fondos recadados e a quen enviamos unha aperta solidaria.

Imaxes na Galería

Premio Emprende Xove 2013

click here

1.º Premio Emprende Xove da Asociación Jóvenes Empresarios (AJE) de 
Ferrolterra 
ao proxecto presentado por Javier Maceiras (3.º ESO). 
Parabéns a todos os participantes e a  Mara, profesora do 
Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras.
Galería de imaxes
Diario de Ferrol

Proxectos emprendedores

O suplemento El Comarcal (marzo, 2013) de La Voz de Galicia recolle os tres proxectos presentados ao concurso da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE). Ler o artigo.

Catalogación do xardín

Herbario realizado polo alumnado de 1.º PCPI:
Alberto, Lara, Bryan, Paula, Yolanda, Antonio, Elizabeth e Tamara.
Profesora: Cristina Montero 

Alumnado do IES Mugardos presente no XXV Congreso de ENCIGA

Entre os días 22, 23 e 24 de novembro celebrarase en Santiago de Compostela o XXV Congreso de ENCIGA (Asociación de Ensinantes de CIencia de GAlicia) que reunirá no IES Arzebispo Xelmirez I a profesorado de Matemáticas, Bioloxía, Xeoloxía, Física, Química e Tecnoloxía de ensinanza primaria, secundaria e universitaria de toda Galicia. 

O IES Mugardos estará presente neste evento dun xeito moi especial xa que serán rapaces e rapazas do centro, acompañados da profesora de matemáticas, Covadonga Rodríguez-Moldes, quenes presenten ao profesorado asistente ao congreso traballos que resultaron premiados no II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos. As comunicacións levan os títulos "Investigación de tamaños na ameixa babosa con alumnado de 3º de ESO" que  será exposta o xoves 22 ás 18:30)  e "O rectángulo de moda fala galego: O Rei Tángulo"  que terá lugar o venres 23 ás 16:30. Desexámollles moita sorte e que fagan un bo traballo.

Programa

 

Premios do "Concurso de cabazas, 2012"

Os membros do xurado decidiron outorgar varios premios, pois dada a calidade dos traballos realizados era case imposible decidirse por un ou dous.

1.º PREMIO
Dous vales, un canxeable por un regalo sorpresa e un vale para a cafetería.

Lúa

A máis orixinal:

A lúa

AUTORES: Judith R. e Alberto P. (2.º ESO).

A máis divertida:

Pachi, a máis melona

AUTORA: Margarita F. (2º. ESO).

 

A máis creativa:

Zapatillas

AUTOR: Xurxo R. (2.º ESO).

Tívose en conta tamén o esforzo de transporte e baleirado.

 2.º PREMIO
Un vale para a cafetería.

A máis doce

A bruxa da cara torta

AUTOR: Christian R. (1.º ESO)

A máis comellona

Espantasementes 

AUTOR: David V. (1.º ESO)

A da dentadura perfecta

Devoradora 

AUTORA: Lidia G. (1.º ESO)

+ Fotos na Galería 

Premio "Obradoiro de vídeo"

Premio "Obradoiro de vídeo"
   Deputación da Coruña

 Entrevista aos autores
May Paguntalán e Emilio M. Varela (1º BAC)
Radio Fene

Premio "Obradoiro de vídeo"

1º Premio
Obradoiro de Vídeo

Deputación da Coruña

   O vídeo titulado "Rebato", realizado por alumnos do noso centro, resultou gañador do concurso organizado pola Deputación da Coruña e a produtora cinematográfica IB Cinema. O traballo foi promovido polo Equipo de Dinamización Lingüística dentro do Obradoiro de edición de vídeo impartido no instituto o 24 e 25 de abril polo director de cine Xosé Zapata. 
   O acto de entrega do premio celebrarase no teatro Jofre o vindeiro sábado, 21 de xullo, ás 19:30 horas.

  

"El deshollinador"

1º. Premio e mención "Incubadora de Sondaxes"

II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) vén de comunicar a resolución do II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos na que o traballo dos alumnos de 3º ESO acadou o primeiro premio e o de 2º ESO unha mención especial do xurado.  O acto de entrega de premios está previsto para o 21 de xuño, ás 12:00 horas, na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela. Adamais, o equipo de 3º ESO foi seleccionado para representar á Comunidade Galega na Fase Nacional que se desenvolverá en Valladolid. 

Desexamos manifestar o noso máis afervoado recoñecemento a todos os grupos participantes e ao departamento de Matemáticas polo seu esforzo e dedicación. Parabéns!!!

1º PREMIO
- Título: : Un dilema para o consumidor: cal é o mellor tamaño para mercar ameixas?
Centro: IES de Mugardos (A Coruña).
Titora: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey.
Alumnos: Blanca Fernández Rodríguez, Verónica González Regueiro, Pablo Pérez Rey e Sergio Vila Plana. 

 MENCIÓN ESPECIAL

 - Título: A decadencia dun mito estético: “o rectángulo da moda fala galego”
Centro: IES de Mugardos (A Coruña).
Titora: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey.
Alumnos: Rubén González Rodríguez, Joao Pedro Moreira Dos Santos, Mercedes Pereira Rodríguez e Sara Vázquez Rumbo.

Entrega do premio do I Concurso de Banda Deseñada

   No segundo recreo de hoxe, 12 de marzo, entregouse o premio do I Concurso de Banda Deseñada convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística e mais a Biblioteca. O galardón recaeu no traballo Antía e o gato máxico, presentado baixo o psedónimo de Violeta. Unha vez aberto o sobre resultou ser da autoría de Natalia Fernández, alumna de 2º BAC.

   O xurado valorou positivamente a correcto manexo dos recursos narrativos propios do cómic (planos, globos, metáforas visuais, onomatopeas) así coma a execución do debuxo e precisión dos detalles. 

Preme na ilustración
para ler o cómic

Paisaxes agrarias de España

Como visualizamos os diferentes espazos de España? Algo máis que o que vemos den de a ventanilla do coche ou do avión. Así o viron José e Anais.

Historia das drogas (II)

Rosalía fixo esta presentación, máis breve pero con imaxes interesantes

Fotos de Adrián L.M.

Fotos de Adrián L. M.

Parlamento Xove, 2012

make animated gif  

O pasado sábado dous equipos de bacharelato do IES Mugardos participaron na fase preliminar da terceira edición do Parlamento Xove. É esta unha actividade organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Deputación da Coruña que ten por obxectivo fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias a través de debates estruturados con regras precisas. O asunto a debater dialecticamente esta fin de semana foi:  "A xuventude no contexto mundial actual: cara a un modelo máis participativo ou máis individualista?".

 O equipo de 1º BAC estivo formado por Goretti, Andrea, David e Javier. O de 2º BAC integrárono Natalia, Emily e Bernardo. Como pode intuirse, é necesaria unha preparación previa de investigación e preparación de argumentos nas dúas posturas a defender que foi dirixida pola profesora de filosofía Ofelia Lubián e por Serafín Álvarez, profesor de galego. 

 A competición resultou moi interesante e formativa se ben non se obtivo a clasificación para a fase final que se celebrará no Parlamento Galego.

 

Diario de Ferrol: "El IES Mugardos representó a la comarca en el Parlamento Xove"

El anarquismo-Callejeros en Mugardos (según Iván y Mariño)

Mariño e Iván volven a sorprender cun vídeo entretido, dinámico e cun bo nivel. Prometen amplialo e mencionar a Bakunin, Kropotkin, a CNT e o terrorismo. Non perdades a canción final e ese Tolstoi tan particular. Un vídeo moi pouco educativo pero que dá gusto ver.

I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

No curso 2010-11 a Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) convocou o I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na categoría A: 1º e 2º da ESO acadaron  o PRIMEIRO PREMIO:

- Título: As novas tecnoloxías, fóra da aula, no IES de Mugardos.
- Centro: IES de Mugardos (A Coruña).

- Titora: María Ángel Martínez Rodríguez.
  
- Alumnos: Sergio Vila Plana, Carmen Sanmartín Fero, Verónica González Regueiro, Carlos Rodeiro Mauriz e Andrés Novoa Menaya.

 

Na categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos

Participaron:

Título: A Estatística na ESO e no Bacharelato en Galicia

Alumnos: Bernardo Cendán Sánchez; Eduardo Fernández Pérez; Emily Gómez Machado; Wendy Teresa Prego Anglada

Titor: José Luis Mayobre Antón

 Parabén a todos os participantes.

1º. PREMIO “Incubadora de Sondaxes e Experimentos”

Parabéns a Verónica, Andrés, Carlos, Carmen e Sergio de 2º. ESO  por acadar o primeiro premio no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO. Estamos moi orgullosos porque sabemos de todo o esforzo e dedicación investido neste proxecto. Parabéns á profesora María Martínez e a todo o departamento de Matemáticas.

Distribuir contido