Skip to Content

            

    

 

 

Declaración de política Erasmus+ e carta Erasmus 2021/2027 do IES Cidade de Antioquía

Poñemos a disposición de calquera persoa interesada a "Declaración de política Erasmus" do noso centro.

Para acceder á carta Erasmus 2021/2027 prema na seguinte LIGAZÓN.

Vales de material para o curso 2024/2025

Xa se poden recoller os vales de material para o vindeiro curso.

Están á súa disposición na secretaría do centro en horario de mañá.

Publicación da listaxe provisional de fondolibros.

No día de hoxe, 12 de xullo, publicáronse as listaxes provisionais do fondo solidario de libros de texto. Poden consultarse na entrada do instituto.
Hai un prazo de dous días para a reclamación á listaxe provisional e a publicación das listaxes definitivas será o 26 de xullo.

Listado de libros de texto para o curso 2024/2025

Ligazóns aos libros de texto ordenados por curso académico.

Actualizados a 4 de xullo de 2024.

1º de ESO

2º de ESO

3º de ESO

4º de ESO

1º de BACH

2º de BACH

NOTA: O alumnado de 3º PDC e 4º PDC debe agardar ao mes de setembro e falar coa profesora da materia de Inglés para ver se é necesario que merquen o libro de texto.

Admisión na FP para o curso 2024/2025

A presente información é para o alumnado que pretenda matricularse no primeiro curso dalgunha das especialidades de FP. 

Premendo no icono accédese á ferramenta de admisión en liña.

 

Toda a información sobre o proceso de admisión e os prazos establecidos atópase na WEB da Consellería de Educación.

Acceso ás instrucións para a admisión.

Acceso ao calendario de datas para a admisión.

 

Matrícula para ESO e Bacharelato, curso 2024/2025.

O prazo de matrícula para todo o alumnado de ESO e BACHARELATO será do 25 de xuño ao 5 de xullo, ámbolos dous días incluídos.

Premendo na imaxe poden acceder aos documentos necesarios para a matrícula, os cales xa lle foron proporcionados en man ao alumnado.

Probas libres para a obtención de títulos de FP. Convocatoria de 2024.

Están dispoñibles as programacións e o calendario para as probas libres de FP nos arquivos adxuntos.

 

Solicitude de fondolibros. Curso 2024/2025

Aberto o prazo para solicitar o fondo solidario de libros de texto.

Premendo no enlace da imaxe pódese acceder á información sobre o procedemento es as datas.

 

Modelo de solicitude ED330B.

Distribuir contido


by Dr. Radut