O período oficial de matrícula para o alumnado que promociona de curso abrangue dende o 1 ao 10 de xullo. 
Non é preciso acudir ao centro xa que se fará cos datos de elección de itinerario que xa foron enviados polo alumnado.
No caso de que algún alumno/a queira modificar a elección que fixo das materias do itinerario ten ata o día 10 de xullo para facelo. Non se fará ningún cambio en datas posteriores a esa.
Unha vez iniciado o curso, e na primeira semana de clase, será obrigatorio presentar a seguinte documentación:
- 1 fotografía tamaño carné para aqueles alumnos que permanecen no centro ou 2 fotografías no caso de alumnado de nova incorporación.
- Solicitude de uso do comedor se é o caso.
- Solicitude de uso do transporte escolar se é o caso.
Transporte ESO Transporte BACH e FP
- Consentimento informado do tratamento da imaxe persoal.
- Documento de autorización de acompañantes para a saída do centro de alumnado menor de idade.
- Xustificante de pago do seguro escolar (Para o alumnado a partir de 3º da ESO), 1’12 € a ingresar na seguinte conta bancaria:
ABANCA ES84 2080 0410 9030 4000 2246
O pagamento pode realizarse dende agora en calquera momento e cómpre conservar o xustificante de pago para entregalo no mes de setembro no centro.
O resto de documentos necesarios seranlle entregados ao alumnado no momento en que se incorporen ás clases. Sen embargo poden ser descargados dende esta páxina e impresos na casa para maior comodidade.