Skip to Content

            

    

 

 

Complementarias

Actividade do alumnado de 4º da ESO en Compostela

O alumnado de 4º da ESO disfrutou dun día moi divertido en Santiago de Compostela, organizado polos departamentos de educación física e matemáticas.

A xornada consistiu nunha sesión de escalada no rocódromo da cidade, paseo e resolución de actividades matemáticas na Alameda para rematar en As Cancelas.

Sen dúbida con moitas  ganas de repetir! 

Noraboa ao alumnado polo seu excelente comportamento.

Presentación de curtametraxes "Seguridade Violeta"

O CIM e a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Xinzo de Limia convidan ao alumnado de 2º da ESO á Presentación das Curtametraxes "Seguridade Violeta", que terá lugar este venres 22 de marzo, ás 20:30h, no Salón de Actos da Casa da Cultura.
 
Estas curtas xurden da actividade "Seguridade Violeta", executada os días 5 e 6 de marzo, entre o alumnado de 2º da ESO de ambos IES e dentro da programación do Día Internacional da Muller.
 
Premer sobre o cartaz para ver máis grande.
 

8 M no IES Cidade de Antioquía

Parte do alumnado de 4º da ESO analizou a situación actual que viven, baixo o seu punto de vista, as relacións entre as persoas.

Sintetizaron a súa análise neste traballo no que cada un e cada unha sae da súa gaiola máis ou menos machista.

Noraboa!

 

Conmemoración do día de Rosalía de Castro.

Xa están dispoñibles na nosa canle de Youtube os videos do recital de poesía do alumnado de 1º da ESO, para conmemorar o día de Rosalía de Castro. Preme na imaxe para acceder.

Visita cultural a Madrid.

Alumnado da ESO e de Bacharelato do noso instituto gozou dunha visita cultural a Madrid na que tiveron ocasión de visitar os museos de "El Prado" e "Thyssen-Bornemisza". Premendo na imaxe pódese acceder á galería de imaxes.

Vista a Xenebra e o CERN.

O pasado mes de xuño, rematadas as clases, alumnado de ciencias do noso instituto realizou unha viaxe a Suiza para coñecer o CERN (Consello europeo para a investigación nuclear) e aproveitaron a ocasión para desfrutar duns días de visita en Xenebra. 

Premendo na imaxe pódese acceder á galería de fotos da viaxe.

A ecuación que vale un millón de dólares.

O pasado día 10 de Xaneiro tivemos a honra de asistir no noso centro a unha conferencia a cargo do exalumno Oscar Rivero Salgado. 

Óscar cursou os estudos de ESO e Bacharelato no noso centro entre os anos 2006 e 2012. Entre moitos dos seus logros cómpren destacar os premios extraordinarios en ESO e Bacharelato de Galicia así como os primeiros premios nas olimpiadas galegas de matemáticas dos anos 2010, 2011 e 2012. Tamén participou nas olimpiadas españolas de matemáticas onde chegou a acadar a medalla de ouro no ano 2012, e nas olimpiadas internacionais, medalla de bronce no 2011 e de prata no 2012.

Posteriormente cursou o dobre grado de matemáticas e física na universidade politécnica de Barcelona, rematando os seus estudos cos premios de mellor expediente de matemáticas, mellor expediente de física e mellor traballo de fin de grao, o cal versaba sobre a "Conxectura de Birch e Swinnerton-Dyer", un dos chamados problemas do milenio e obxecto da conferencia coa que nos agasallou.

 

Premendo na imaxe pódese acceder á galería de fotos do evento.

 

 

Enlace á notica na prensa.

Alumnos do noso centro participan na X edición do Parlamento Xove.

Os días 8 e 9 de marzo, os alumnos Xoán Caramés, Douaa Ahlioui, Lucía Vázquez e Nerea Carballo, acompañados pola profesora Esther Casal, participaron como equipo de debate no "Parlamento Xove 2019" que se celebrou no CRDO da Coruña. Dende o centro queremos felicitalos pola súa iniciativa e resultados acadados, parabéns!

Programa Voz Natura

Como en anos anteriores, seguimos a participar no programa "Voz Natura" de "La Voz de Galicia", podes atopar toda a información, premendo na imaxe.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut