Skip to Content

Erasmus +      Comedor             

                  

Erasmus

Declaración de política Erasmus+ e carta Erasmus 2021/2027 do IES Cidade de Antioquía

Poñemos a disposición de calquera persoa interesada a "Declaración de política Erasmus" do noso centro.

Para acceder á carta Erasmus 2021/2027 prema na seguinte LIGAZÓN.

Resultado definitivo da selección de profesorado para mobilidades Erasmus+. Programa KA102 do Consorcio da Xunta.

Destinatarios: Profesorado de formación profesional de grado medio e formación profesional básica.

ACTA

Formulario de solicitude de mobilidades no programa Erasmus + KA102

Premer no icono para acceder ao documento

 

Solicitude de participación en mobilidades de Erasmus+ para o profesorado.

Ábrese o prazo (16 ao 30 de abril) para presentar as solicitudes de participación no programa Erasmus +.

 

Os criterios de selección serán os seguintes:

1. Terán prioridade os candidatos que non participaran en mobilidades Erasmus+ dentro de calquera das súas modalidades, nesta ou en calquera outra institución, durante o curso académico actual e no anterior.

2. En caso de empate no criterio 1, terán prioridade os candidatos con acreditación oficial superior en linguas estranxeiras.

3. En caso de empate no criterio 2 procederase á realización dun sorteo entre os solicitantes.

 

Aberto novo prazo para solicitude de mobilidades Erasmus +.

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes para participar nas mobilidades no estranxeiro no marco do programa Erasmus +

 

Destinatarios: Alumnos de ciclo superior titulados no curso pasado ou en disposición de obter o título neste curso.

Criterios de selección: Expediente académico, coñecemento de idiomas, competencias actitudinais.

Presentación de solicitudes: Ante o coordinador de programas europeos.

Prazo de presentación de solicitudes para as mobilidades do programa Erasmus+

Aberto o prazo de presentación de solicitudes e proceso de selección para mobilidades do programa Erasmus+. 

O prazo remata o vindeiro 11 de outubro.

 

Prazas dispoñibles:

Alumnado: 4 prazas na modalidade KA-103

Profesorado: 3 prazas na modalidade KA-103 e 2 prazas na modalidade KA-107.

Mobilidade Erasmus+ para post-titulados

Aberto o prazo para a solicitude de axudas á mobilidade (Erasmus+) para post-titulados. As mobilidades faranse no último trimestre de 2019.

O prazo para realizar as solicitudes será de 15 días.

Distribuir contido


by Dr. Radut