Skip to Content

            

    

 

 

Comedor e transporte

Servizo de transporte escolar para o curso 2023/2024

O servizo de transporte escolar comezará a funcionar dende o día 11 de setembro nas rutas e horas marcadas.

Pódense consultar as rutas e as paradas na seguinte LIGAZÓN.

Lémbrase que o alumnado de Bacharelato e ciclos teñen que empregar a tarxeta Xente Nova para poder facer uso do transporte. Máis información AQUÍ.

Transporte escolar para alumnado de Bacharelato e Ciclos.

Todo o alumnado de ensinanzas NON OBRIGATORIAS que queira facer uso do transporte escolar deberá ser titular da tarxeta XENTE NOVA.

 

Segundo a instrución ditada conxuntamente polas consellerías de educación e de infraestruturas:

"No caso dos servizos integrados, non se realizará reserva de praza a favor destes escolares, quen, sempre que haxa prazas dispoñibles, poderán facer uso do servizo en condicións análogas, sen que se modifiquen as rutas nin se cren novas   paradas;   para   que   o   acceso   ao   servizo   integrado   non   teña   custo económico para as persoas usuarias, poderán facer uso da tarxeta de transporte Xente Nova, coa que os importes inicialmente abonados seranlles reintegrados pola Xunta de Galicia nos termos previstos para esta tarifa, dos que se ofrece información na web www.bus.gal "

Modificación dos horarios das rutas de bus escolares.

A consellería de mobilidade, que xestiona os servizos de transporte de educación, modificou o horario de algunhas rutas de bus para reducir o tempo de espera do alumnado.

Así o alumnado chegará con menos antelación ao centro de estudos e marchará de xeito inmediato ao remate, minimizándose as esperas.

Nesta LIGAZÓN poden verse os novos horarios axustados.

NOTA de prensa.

 

Comedor escolar, calculadora de simulación prezos.

Prema na seguinte ligazón para acceder á calculadora de simulación de prezos de comedores: LIGAZÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut