Skip to Content

            

    

 

 

Plans Proxecta e contratos Programa

Actividades realizadas no programa de EDUsostibilidade

No arquivo PDF adxunto poden visualizarse algunhas das actividades levadas a cabo por distintos departamentos do instituto, coordinados pola profesora Mª do Carmo Míguez.

As imaxes están dispoñibles na galería fotográfica do centro.

Hai máis información relacionada no Blog e no Facebook da biblioteca.

 

2ª Xornada formativa EDUsostibilidade

Nesta segunda xornada tratáronse os seguintes temas:

-A insostibilidade dos modelos de consumo actuais e as súas consecuencias

-Metodoloxia luces, camara, acción; proposta para formular de forma fundamentada e crítica microexperiencias participativas e transformacionais na educación para a cidadania global

-Como obter maior impacto na comunicación e difusión de microexperiencias participativas.

 

1ª Xornada Formativa: Educación para a Cidadanía Global

No marco do contrato programa CP-Innova do centro, EDU_Sostibilidade, tivemos o pracer de contar con María Caride e María Paz, de Solidariedade Internacional Galicia, quenes nos impartiron unha xornada na que trataron os temas de:

- ODS (Obxectivos de desenvolvemento sostible) e Educación para a Cidadanía Global.

- Participación cidadá.

- Observatorio para educar na cidadanía Global "O Globo" e a súa metodoloxía para microexperiencias transformadoras.

 

Agradecémoslle ás dúas poñentes o tempo que nos dedicaron e agardamos volver a contar con elas para unha próxima ocasión.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut