Skip to Content

            

    

 

 

Novas

Novas

ABAU 2024

Toda a información relativa aos prazos e requisitos para matricularse nas ABAU 2024 está dispoñible no seguinte documento. Pulsar na imaxe para acceder.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024.

NOVIDADES: Publicado o listado de solicitudes admitidas e excluídas. Debe consultarse polo número solicitude persoal.

ENLACE ao listado.

****************************************************

A consellería de educación ven de publicar unha Orde pola que se convocan axudas para a formación en linguas estranxeiras no ano 2024. AXUDASLE 2024.

Vai dirixida a alumnado matriculado en 1º ou 2º de Bacharelato.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, dende o 13 de febreiro ao 12 de marzo, incluídos.

Pódese consultar a orde completa neste ENLACE, e un extracto da mesma coa información máis relevante neste outro ENLACE.

Programacións didácticas do curso 2023/2024

Xa se poden consultar as programacións didácticas para o presente curso.

Accédese a elas na marxe dereita da páxina web escollendo o departamento correspondente.

Entrega de notas da 1ª Avaliación. Curso 2023/2024

O vindeiro xoves 21 de decembro remata a primeira avaliación.

As cualificacións serán comunicadas únicamente a través da plataforma ABALAR e estarán dipoñibles para a súa consulta dende as 14:00 do día sinalado.

 

Transporte escolar para alumnado de Bacharelato e Ciclos.

Todo o alumnado de ensinanzas NON OBRIGATORIAS que queira facer uso do transporte escolar deberá ser titular da tarxeta XENTE NOVA.

 

Segundo a instrución ditada conxuntamente polas consellerías de educación e de infraestruturas:

"No caso dos servizos integrados, non se realizará reserva de praza a favor destes escolares, quen, sempre que haxa prazas dispoñibles, poderán facer uso do servizo en condicións análogas, sen que se modifiquen as rutas nin se cren novas   paradas;   para   que   o   acceso   ao   servizo   integrado   non   teña   custo económico para as persoas usuarias, poderán facer uso da tarxeta de transporte Xente Nova, coa que os importes inicialmente abonados seranlles reintegrados pola Xunta de Galicia nos termos previstos para esta tarifa, dos que se ofrece información na web www.bus.gal "

Solicitude de libros de texto. Curso 2023/2024

Aberto o prazo para solicitar o fondo solidario de libros de texto.

Premendo no enlace da imaxe pódese acceder á información sobre o procedemento es as datas.

 

Modelo de solicitude ED330B.

Modificación dos horarios das rutas de bus escolares.

A consellería de mobilidade, que xestiona os servizos de transporte de educación, modificou o horario de algunhas rutas de bus para reducir o tempo de espera do alumnado.

Así o alumnado chegará con menos antelación ao centro de estudos e marchará de xeito inmediato ao remate, minimizándose as esperas.

Nesta LIGAZÓN poden verse os novos horarios axustados.

NOTA de prensa.

 

Acta definitiva de selección de profesorado. Mobilidades de Erasmus + 2022/2023

Publicada a Acta definitiva de selección de profesorado para mobilidades Erasmus + para o vindeiro curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut