Skip to Content

            

    

 

 

Novas

Novas

Solicitude de participación en mobilidades de Erasmus+ para o profesorado.

Ábrese o prazo (16 ao 30 de abril) para presentar as solicitudes de participación no programa Erasmus +.

 

Os criterios de selección serán os seguintes:

1. Terán prioridade os candidatos que non participaran en mobilidades Erasmus+ dentro de calquera das súas modalidades, nesta ou en calquera outra institución, durante o curso académico actual e no anterior.

2. En caso de empate no criterio 1, terán prioridade os candidatos con acreditación oficial superior en linguas estranxeiras.

3. En caso de empate no criterio 2 procederase á realización dun sorteo entre os solicitantes.

 

A ecuación que vale un millón de dólares.

O pasado día 10 de Xaneiro tivemos a honra de asistir no noso centro a unha conferencia a cargo do exalumno Oscar Rivero Salgado. 

Óscar cursou os estudos de ESO e Bacharelato no noso centro entre os anos 2006 e 2012. Entre moitos dos seus logros cómpren destacar os premios extraordinarios en ESO e Bacharelato de Galicia así como os primeiros premios nas olimpiadas galegas de matemáticas dos anos 2010, 2011 e 2012. Tamén participou nas olimpiadas españolas de matemáticas onde chegou a acadar a medalla de ouro no ano 2012, e nas olimpiadas internacionais, medalla de bronce no 2011 e de prata no 2012.

Posteriormente cursou o dobre grado de matemáticas e física na universidade politécnica de Barcelona, rematando os seus estudos cos premios de mellor expediente de matemáticas, mellor expediente de física e mellor traballo de fin de grao, o cal versaba sobre a "Conxectura de Birch e Swinnerton-Dyer", un dos chamados problemas do milenio e obxecto da conferencia coa que nos agasallou.

 

Premendo na imaxe pódese acceder á galería de fotos do evento.

 

 

Enlace á notica na prensa.

Un alumno do noso centro recibe o premio extraordinario de FP.

O pasado día 22 de febreiro tivo lugar o acto de entrega dos premios extraordinarios de FP, bacharelato e ensinanzas artísticas outorgados pola consellería de educación.

Nese acto, o alumno do noso centro Jesús Regal Rodríguez, do ciclo superior de xestión forestal e do medio natural recolleu o "Premio extaordinario de ciclo superior de FP 2016/2017".

Dende o centro queremos felicitalo pola obtención deste premio e desexarlle moito éxito na sua carreira profesional.

Na imaxe inferior aparece acompañado pola directora María Garrído e a xefa de estudos Pilar Pérez. Pódese acceder á galería de fotos premendo na imaxe.

Adxudicado novo proxecto Erasmus+ para o curso 2018-2019

Aprobado un novo proxecto "Erasmus+" para alumnos e profesores de ciclos fromativos de grao superior do "IES Cidade de Antioquía".

Durante o curso 2018-2019, catro alumnos poderán realizar a súa formación en centros de traballo disfrutando de mobilidades subvencionadas dentro do marco do programa "Erasmus+".

Tamén dous profesores terán acceso a mobilidades para a formación dentro do mesmo programa. O proxecto dispón dun presuposto adxudicado de 7.340 €.

Erasmus+ e Proxectos europeos

O noso IES atópase asociado ao Consorcio Erasmus+ da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

No arquivo adxunto poderás descargar o "ERASMUS POLICY STATEMENT"

Prema aquí para ter máis información: Erasmus+

Para crear o teu propio Curriculum vitae "CV Europass" preme na seguinte ligazón.

Distribuir contido


by Dr. Radut