Skip to Content

            

    

 

 

Erasmus

Alumnado seleccionado para mobilidade (FCT) Erasmus+ 2019

1. Dosantos Dos Prazeres, Diego
2. Lorenzo Marquina, Enrique
3. Fernández Fernández, Aaron
4. Perdiz Dávila, Andrés
5. González Villamarín, Teodoro

Pofesorado seleccionado para o programa Erasmus+ 2019

Profesorado seleccionado:

1. María do Carmo Míguez Novoa
2. Verónica Rodríguez Vicente

Profesorado de reserva:

1. María Pilar Pérez López
2. María Goretti Santos Domínguez
3. María Josefa Mosquera Seoane
4. J. Óscar Aparicio Fernández

Nova convocatoria de mobilidades Erasmus+ para alumnado e profesorado no curso 2018/2019

Toda a información premendo no logo da parte superior da páxina.

Criterios de selección para a participación do alumnado en mobilidades Erasmus+ 2018/2019

1. Expediente académico (máximo 4 puntos):


Valoración: segundo a nota media no 1º curso do ciclo formativo.

○ Se a nota media é de 6 ou menos: 2 puntos.

○ Se a nota media é de máis de 6 e menos de 8: 3 puntos.

○ Se a nota media é de 8 ou máis: 4 puntos.


2.Competencias lingüísticas (idioma traballo ou país acollida, máximo 4 puntos):

Valoración: 

○ Nota media do/a alumno/a no primeiro curso.

○ Certificacións de competencias lingüísticas.

 Probas realizadas no propio centro.

○ Calquera outro método. 


3. Competencias persoais e actitudes (máximo 4 puntos):

Valoración: Opinións e información dada por aqueles que ensinen ao estudante.

4. Outros:

No caso de empate nos méritos darase prioridade, pola seguinte orde:

○ Aos estudantes de contornas socioeconómicas menos favorecidas.

○ Aos estudantes que nunca participaran nas mobilidades do Programa Erasmus+. 

Criterios de selección para a participación do profesorado en mobilidades Erasmus+ 2018/2019

Criterio 1: Terán prioridade os candidatos que non participaran en mobilidades Erasmus+ dentro de calquera das súas modalidades nesta ou en calquera outra institución durante o curso académico actual ou no anterior.

Criterio 2: En caso de empate no criterio 1, terán prioridade os candidatos con acreditación oficial superior en linguas estranxeiras.

Criterio 3: En caso de empate no criterio 2 procederase á realización dun sorteo entre os solicitantes. 

Erasmus + en Romanía e Portugal curso 2017/2018

Preme no enlace de abaixo para acceder a un video do Erasmus+ realizado neste curso polos alumnos do ciclo superior de xestión forestal en Romanía e Portugal.

Adxudicado novo proxecto Erasmus+ para o curso 2018-2019

Aprobado un novo proxecto "Erasmus+" para alumnos e profesores de ciclos fromativos de grao superior do "IES Cidade de Antioquía".

Durante o curso 2018-2019, catro alumnos poderán realizar a súa formación en centros de traballo disfrutando de mobilidades subvencionadas dentro do marco do programa "Erasmus+".

Tamén dous profesores terán acceso a mobilidades para a formación dentro do mesmo programa. O proxecto dispón dun presuposto adxudicado de 7.340 €.

Erasmus+ e Proxectos europeos

O noso IES atópase asociado ao Consorcio Erasmus+ da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

No arquivo adxunto poderás descargar o "ERASMUS POLICY STATEMENT"

Prema aquí para ter máis información: Erasmus+

Para crear o teu propio Curriculum vitae "CV Europass" preme na seguinte ligazón.

Distribuir contido


by Dr. Radut