Skip to Content

Erasmus +      Comedor             

Período de matrícula para ESO e Bacharelato.

O vindeiro 25 de xuño abre o prazo para a matrícula do alumnado de ESO e Bacharelato. Prema na imaxe para ver con maior detalle.

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar.

Publicada no DOG a orde que regula as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2019.

Enlace á orde premendo na imaxe.

 

 

Programacións das probas libres para a obtención de titulos de FP. Ano 2019.

Programacións do CM de aproveitamento e conservación do medio natural.

 

Programacións do CS de xestión forestal e do medio natural.

Mobilidade Erasmus+ para post-titulados

Aberto o prazo para a solicitude de axudas á mobilidade (Erasmus+) para post-titulados. As mobilidades faranse no último trimestre de 2019.

O prazo para realizar as solicitudes será de 15 días.

Os plans proxecta do noso centro na prensa.

O pasado día 13 de marzo tivo lugar no noso centro a segunda sesión das charlas do plan proxecta "Apuntámonos a non beber" para as cales contamos coa presenza da delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz e a xefa terriotorial de sanidade Laura López.

Debaixo da imaxe atópanse os enlaces á noticia en distintos diarios.

 

La Voz de Galicia

Concello de Xinzo de Limia

La Región

 

Un alumno do noso centro recibe o premio extraordinario de FP.

O pasado día 22 de febreiro tivo lugar o acto de entrega dos premios extraordinarios de FP, bacharelato e ensinanzas artísticas outorgados pola consellería de educación.

Nese acto, o alumno do noso centro Jesús Regal Rodríguez, do ciclo superior de xestión forestal e do medio natural recolleu o "Premio extaordinario de ciclo superior de FP 2016/2017".

Dende o centro queremos felicitalo pola obtención deste premio e desexarlle moito éxito na sua carreira profesional.

Na imaxe inferior aparece acompañado pola directora María Garrído e a xefa de estudos Pilar Pérez. Pódese acceder á galería de fotos premendo na imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut